CARREIRA SOLIDARIA

PREME NA IMAXE PARA LER A NOVA

RADIOVOZ NO VALES

Un equipo de profesionais de RadioVoz achegáronse ata o colexio para coñecer de primeira man o traballo que están a desenvolver algúns dos rapaces e rapazas na Horta e demais recunchos verdes do Vales.

Premede na imaxe para escoitar o programa

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Las ayudas para libros de texto y material escolar de Sanse podrán  solicitarse hasta el 16 de diciembre

O prazo para presentar as solicitudes será do 21 de maio ao 22 de xuño.

As consultas atenderanse por teléfono (881880237) ou por correo electrónico (ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal).

Para realizar o trámite presencialmente será necesario solicitar cita no mesmo teléfono (881880237).

Para ver o resumo de toda a información, prema AQUÍ.

Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.

Para consultar o extracto da Orde do DOG, prema AQUÍ.

Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.

CARREIRA SOLIDARIA 21

Mejora tu salud con una carrera pedestre - Parques Alegres I.A.P.

O vindeiro venres 28 de maio o alumnado do centro educativo Ceip Vales Villamarin vai participar na  Carreira Solidaria “Corre por Betanzos 2021”. O obxectivo primordial da carreira, ademais de fomentar o deporte e o compañerismo, é a solidaridade.

Por iso, cada alumno/a poderá aportar algún alimento non perecedoiro (aceite, galletas, leite, conservas…), que poderán levar ao centro en bolsas e será recollido pola Cruz Vermella de Betanzos. Tamén haberá a posibilidade de que os nenos/as ou os seus familiares leven os alimentos directamente á Cruz Vermella.

Este ano, ademais, rendemos homenaxe a “Suso Bao”, mestre recén xubilado e un dos promotores desta carreira solidaria.

Lugar da actividade: Campo de fútbol do Carregal.

Horario dos diferentes grupos:

 

Este ano imos facer 6 grupos de carreira en Educación Primaria e 3 grupos en Educación Infantil co seguinte horario:

  • Primeiro: 9.30 a 10.00 horas.
  • Segundo: 10.00 a 10.30 horas.                                                          Ed. Infantil (3 anos): 10 a 10.30 h.
  • Terceiro: 10.30 a 11.15 horas.                                                           Ed. Infantil (4 anos): 10.30 a 11.00 h.
  • Quinto: 11.15 a 12.00 horas.                                                             Ed. Infantil (5 anos): 11.00 a 11.30 h.
  • Cuarto: 12.00 a 12.45 horas.
  • Sexto: 12.45 a 13.30 horas. 

O día da carreira terán que levar mascarilla e dorsal e vestir roupa e calzado axeitado (preferentemente camiseta de cor branca). Tamén sería recomendable levar unha gorra e unha botella de auga.

Este ano non poderán asistir as familias por mor da Covid, ainda que esperamos que o próximo ano poidamos celebrar a carreira todos xuntos.

Gracias pola súa colaboración.

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021-2022

Transporte escolar – CEIP Capellanía del Yágabo

Aberto o prazo (do 5 ao 20 de maio) para solicitar transporte escolar para o curso 2021-2022. Para ver a información completa, prema na imaxe.

IMPRESOS

Solicitude de transporte para USUARIO DE DEREITO.

Solicitude de transporte para USUARIO EXCEPCIONAL.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Os próximos días 20 e 22 de abril o Concello de Betanzos vai realizar catro sesións formativas para que as persoas poidan familiarizarse coa SEDE ELECTRÓNICA, canle polo que haberá que presentar este ano as solicitudes para acceder ao Servizo Municipal de Comedor Escolar e Madrugadores, campamentos de verán no ámbito da conciliación ou axudas para o material escolar. Máis información no enderezo https://novas.betanzos.es/nota-informativa-servizos-sociais/ ou chamando ao teléfono 981770011.

PREMA NA IMAXE PARA VER A INFORMACIÓN COMPLETA.

DIA DA MULLER

O día 8 de marzo celebrouse o Día da Muller. Durante esta semana os diferentes niveis, tanto de infantil como de primaria, estiveron realizando distintos traballos e actividades. Aquí vos deixamos unha pequena mostra...

 

Os nenos e nenas de 2º andan a investigar e aprender sobre Betanzos. Visitade o blog da biblioteca para coñecer o traballo que fixeron sobre as RÚAS DE MULLERES no Concello.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A partir do luns, día 01-03-2021, retómanse as actividades extraescolares, tal e como estaban realizándose antes da suspensión temporal.

DÍA DE ROSALÍA

Nenos e nenas de 2º de E. Primaria, xunto coas súas familias, animáronse a recitar versos de Rosalía de Castro. Clicade nos distintos carteis para ver e escoitar retazos da obra desta xenial escritora!!!

Moitísimas grazas nenos, nenas e familias pola vosa participación!!!

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

 

Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónicoceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal

Se vai realizar os trámites presencialmente, deberá solicitar unha cita no mesmo teléfono ou no mesmo correo electrónico.

 

O prazo para presentar as solicitudes para o alumnado de nova incorporación ao colexio será do 1 ao 22 de marzo de 2021.

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 26 de abril de 2021.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 18 de maio de 2021.

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2021.

 

INFORMACIÓN

Información admisión alumnado

Calendario procedemento de admisión

Áreas de Influencia

Postos escolares vacantes

Tríptico PEC (Proxecto Educativo de Centro)

Orde 12 de marzo de 2013

Orde 25 de xaneiro de 2017

Orde 18 de decembro de 2020

 

IMPRESOS

Solicitude de admisión

Documento Autorización de Matrícula

Solicitude de Transporte Normal (domicilio a máis de 2 km)

Solicitude de Transporte Excepcional

 

Distribuir contido