O SAMAIN NO VALES

A partir do Proxecto Documental Integrado, que nos propoñen dende a Biblioteca, alumnado e familias colaboraron para festexar o Samaín adornando o cole con cabazas "disfrazadas" coa temática Galicia.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

CLICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

OBRADOIRO DE PAN EN INFANTIL

CLICA NA IMAXE PARA VER O VIDEO

NO BLOGUE DE INFANTIL ENCONTRAREDES UN RESUMO DO SAMAÍN

ADIANTE CO BO TRATO

A ANPA Brigantium está a organizar unha serie de actividades de Co-educación para o alumnado do centro. Este mércores tivo lugar unha xincana de xogos coeducativos, concienciando aos nenos e nenas sobre a igualdade entre homes e mulleres.

CLICA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

A FESTA DAS CASTAÑAS EN PRIMARIA

Outro ano máis, coa chegada do Outono, festexamos o Magosto. Os nenos e nenas gozaron de xogos e degustación de castañas, grazas ás familias colaboradoras.

 

GALICREQUES

Alumnado de Infantil e de 2º e 3º de Primaria asistiu ao Festival de Galicreques, organizado polo Concello de Betanzos.

APRENDEMOS A FACER UNHA CURTA

Os nenos e nenas de 6º de Primaria están a facer unha curta relacionada coa igualdade de xénero. Hai uns días Dani López, antigo alumno do Vales, visitou ao alumnado para ensinarlle os entresixos da grabación de vídeos.

Mirade todo o que aprenderon!!! Clica na imaxe para ver o vídeo.

 

MOITAS GRAZAS, DANI!!!

A VENDIMA

Xa inmersos no outono, o alumando de Infantil e de Primaria festexaron a "festa das uvas". Os pequenos de infantil colleron follas de vide da parra do cole e os de 1º e 3º de primaria fixeron mosto ao xeito tradicional. Mirade o ben que o pasaron!

 A VENDIMA on PhotoPeach

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Premendo na imaxe, pode consultar as actividades extraescolares que se inician no próximo mes de outubro.

Algunhas actividades que estaban na proposta inicial, non poderán realizarse porque non se formou grupo.

Resultado de imaxes para actividades extraescolares

REUNIÓNS DE FAMILIAS

Resultado de imagen de REUNIÓN DE FAMILIAS

IMPORTANTE: HOUBO CAMBIOS NO CALENDARIO DE REUNIÓNS. LAMENTAMOS AS MOLESTIAS!

As reunións con familias dos diferentes niveis serán nas datas e horario que se indica no seguinte cadro.

CURSO

DATA / HORA

4º EI

22-10-2019 / 17:00

5º EI

24-9-2019 / 16:00

6º EI

1-10-2019 / 16:00

1º EP

29-10-2019 / 16:00

2º EP

15-10-2019 / 16:15

3º EP

8-10-2019 / 17:30

4º EP

15-10-2019 / 17:30

5º EP

24-9-2019 / 17:30

6º EP

1-10-2019 / 17:30

Distribuir contido