Skip to Content

Histórico centro

Indiana Bill 18

CROSS ESCOLAR 18-19

Noraboa a o noso alumnado  que participou no cross escolar celebrado en Baiona o domingo, 13 de xaneiro. Nunha mañá soleada e fría os nosos chicos e chicas alí estiveron facendo deporte e convivindo co alumnado de outros centros da contorna.

 Tedes a clasificación xeral nun arquivo adxunto.

SAÍDA 6º Ó PARLAMENTO

O día 16 de outubro fomos os nenos de 5º e 6º de excursión a Santiago. No Parlamento regaláronnos, para cada un de nós, un exemplar de “Icía quere cambiar o mundo” , de Fina Casalderrey. Os nenos e nenas de 6º aproveitamos a sesión de biblioteca desa semana para traballalo: en grupiños de catro, lemos conxuntamente algúns capítulos e , logo xa na clase puxemos en común as nosas impresións e opinións sobre a historia.

 

SAMAÍN 2018

COMO CADA ANO, CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLE. ESTE ANO, OS NEN@S DE 5º PREPARARON A HISTORIA DA ORIXE DO SAMAÍN QUE DESPOIS FORON CONTANDO POR TODAS AS CLASES. 

SE QUERES COÑECER A ORIXE, PODES VER O SEGUINTE ADXUNTO

 

 

O 31 DE OUTUBRO, TIÑAMOS O COLE AMBIENTADO CON CABAZAS E A BIBLIOTECA CON LUZ DE VELA, PREPARADA PARA A SESIÓN DE CONTOS DE MEDO. TODOS OS CICLOS TIVERON SESIÓN DE CONTACONTOS. 

EN INFANTIL, "A BRUXA REGAÑADENTES", "OS SETE IRMÁNS CHINESES", "MONSTRUOSA SORPRESA" E "GO AWAY BIG GREEN MONSTER!" FORON OS CONTOS ESCOLLIDOS. 

CONTAMOS CON JESSIE, O NOSO AUXILIAR DE CONVERSA EN INGLÉS QUE CONTOU UN CONTO EN INGLÉS EN TODOS OS CICLOS. 

 

 

DÍA DA NON VIOLENCIA

O 25 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA DA NON VIOLENCIA. TRABALLAMOS DOUS CONTOS EN TODO O COLE, "XELA VOLVEUSE VAMPIRA" DE FINA CASALDERREY E "EL MONSTRUO" DE DANIEL MARTÍN E RAMÓN TRIGO

TODOS OS ALUMN@S DO COLE PARTICIPAMOS NUN MURAL ONDE DEBUXARON COMO VEN ELES A MULLERES MALTRATADAS. ESTE FOI O RESULTADO

 

 

RECOMENDACIÓN 1º TRIMESTRE

ESTAS SON AS RECOMENDACIÓNS DO 1º TRIMESTRE 

 

PARA O BOLETÍN DESTE ANO, PEDIMOS ÓS RAPACES QUE FIXERAN UNHA ILUSTRACIÓN RELACIONADA CO CINE E OS LIBROS. SAMU FOI O QUE FIXO A ILUSTRACIÓN DO BOLETÍN

CHRISTMAS CARDS

December 2018

This is the awesome Christmas tree that we made at the main entrance of our school. Thanks a lot, families!!, because it could be made with the participation of all the students and their families.

Grazas, familias, e noraboa pola vosa creatividade. Coa participación de tod@s puidemos facer esta marabillosa "árbore de cine", coa que felicitamos o Nadal e ambientamos a entrada do noso centro.

 

 

This year we decided to make  special Christmas cards: they were "movie stars", in relation to our Cinema school project.

 

All the Preschool an Primary students participated on this activity. They had to decorate their star shaped card with their favourite actor, actress, movie..., writing a Xmas message on the back side of the star. Here are the Xmas cards: 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2019.

DÍA DA PAZ 2019.

Como xa sabedes o 30 de xaneiro é O DÍA DA PAZ.

Este curso aproveitamos esta data para reflexionar sobre o ACOSO ESCOLAR, centrándonos sobre todo na importancia de contalo, de ser quen de dicir non e da responsabilidade que temos tod@s, e en especial @s compañeiro@s para rematar con situacións deste tipo:

  • Apoiando a todos os nenos e nenas,

  • non mirando para outro lado,

  • axudando a crear un clima de respecto e tolerancia.

Estes contos serven para axudarnos a poñernos no lugar dos nenos e nenas que padecen situacións deste tipo.

 

  

No colexio, ademáis, temos tamén, na Biblioteca, estes outros libros sobre este tema:

                               

 

CHARLA SOBRE "ACOSO ESCOLAR"

 

 

 

O alumnado de 5º e 6º aproveitou o Día da Paz para reflexionar sobre o acoso escolar cunha charla informativa impartida por dous efectivos do Cuartel da Garda Civil de Gondomar.

 

 

     A charla centrouse sobre todo na       importancia de contalo, de ser quen de dicir non e da responsabilidade de todos, e en especial dos compañeiros e compañeiras da vítima, para terminar con situacións deste tipo.



by Dr. Radut