Skip to Content

Histórico centro

O Apalpador visita o noso centro

Para rematar este trimestre, chegou ao noso cole O Apalpador e dúas axudantes, dándonos unha marabillosa sorpresa chea de maxia e ilusión ademais de traernos unha chea de xogos que repartiron en todas as aulas.

Moitas grazas á ANPA do noso cole por facer posible que a maxia do Nadal chegase ao centro.

Tamén queremos darvos as grazas pola gran chocolatada preparada pola ANPA e os riquísimos doces que aportaron as familias. 

Amosamos unha pequena testemuña do acontecido, desexando que teñades unhas marabillosas festas. 

 

MENÚ XANEIRO

Menú mes de xaneiro

 

Bono deporte

PLAN DIXITAL

No seguinte enlace podedes ver o Plan Dixital 2023/24  do noso centro

 

PLAN DIXITAL

Matrícula: Solicitude de reserva

IMPORTANTE

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO.

 

Dende o día 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro

ábrese o prazo para a reserva de praza para o vindeiro curso 2024/25 do alumnado que procede de centros adscritos (CFR San José) e vén para 1º de primaria. Tamén o noso alumnado de 6º que vai ó IES Terra de Turonio.

Entregaremos os impresos ó alumnado de 6º.

As solicitudes deberán ser presentadas no centro de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia para o que é preciso a Chave 365 ou certificado dixital.

( https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A )

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Do 1 ó 20 de marzo abrirase o prazo para as solicitudes ordinarias de admisión para o vindeiro curso 2024/24. Para todas as familias que queirades visitar o noso cole, podedes facelo o día  5 de marzo de 2024 de 16:00 a 17:00 horas.

Na visita podedes coñecer as instalacións do noso centro e responderemos ás dúbidas que teñades. 

MENÚ FEBREIRO

Menú mes de febreiro

 

MENÚ FEBREIRO

Menú de febreiro 2024

 

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

Hoxe celebramos o día da Candeloria.A orixe da celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza.

O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos-non anda lonxe a primavera-, fai que a data Candeloria adquire outro simbolismo:acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños:" Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar , metade do inverno está por pasar".

ola



by Dr. Radut