Skip to Content

Información ás familias

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2023/24

 

Estimadas familias. Iniciamos un novo curso escolar no que damos a benvida a toda a comunidade escolar.  

CURSO 2023/24

A continuación indicamos o día e a hora das reunións de inicio do curso 2023/24

 

 

DÍA

 

HORA

1º CICLO (1º e 2º Primaria)

 

MÉRCORES 6

 

09:00

2º CICLO (3º e 4º Primaria)

 

MÉRCORES 6

 

10:30

EDUC. INFANTIL (4º, 5ºe 6º Infantil)

 

MÉRCORES 6

 

12:00

3º CICLO (5º, 6ºA e 6ºB Primaria)

 

MARTES 26

 

16:00

 As reunións serán por ciclos para tratar temas conxuntos e despois cada titoría irá co seu titor/a para tratar aspectos máis concretos de cada aula. 

É importante que os nenos non asistan a ditas reunións.  

 

 

 

 

XORNADA DE CONVIVENCIA

 

O vindeiro venres 9 de xuño faremos no colexio unha xornada de convivencia do noso

alumnado e o alumnado de infantil e 1º de primaria que se incorporará o próximo curso

2023/24

 

Invitámosvos a vir cos nenos/as (acompañados de adultos) dende as 11:30 ata as 13:00

horas.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS: CURSO 2023/24

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE

MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS:

CURSO 2023/24

O 19 de maio publicouse no DOG A ORDE DO 10 DE MAIO DE 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023-24 destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

O prazo para solicitar as axudas de material escolar no Centro será do 22 de maio ao 16 de xuño.

Para a tramitación podedes descargar:

 

 

A solicitude (Anexo I + Anexo II) e a documentación xustificativa, de ser o caso, poderán entregarse das seguintes formas:

- POR CORREO ELECTRÓNICO, adxuntando a documentación necesaria e o Anexo I e II ben cuberto e asinado en todos os recadros. Escanear todo e enviar ao enderezo ceip.souto.donas@edu.xunta.gal poñendo no asunto “Solicitude Axudas Material Escolar_Nome do alumno/a”.

- POR VÍA ELECTRÓNICA, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal con código de procedemento ED330B mediante Certificado Dixital ou Chave365.

- EXCEPCIONALMENTE, DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO, en horario de 9:00-10:00 e de 13:00-14:00h

 

Adxuntos:

- Información para as familias

- Anexos I e II

- Orde  do 10 de maio de 2023

BECAS NEAE

           

        

         

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2023-2024 (becas de Educación Especial).

 

 

       Documentación para solicitar

 

A TER EN CONTA:

1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas .

2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)

Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)

Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

          -  A solicitude, que se cubrirá na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación. Poden copiar este enlace para acceder directamente: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

            - Copia dos datos identificativos da  conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno)  deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.

            - Copia do DNI ou no seu caso número de identificación de estranxeiro (NIE) de todos os membros da unidade familiar maiores de 14 anos

-       

Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, minusvalía do solicitante ou dalgún irmán, etc.

-       

Informe do Gabinete onde vai empregar a axuda o solicitante.

-       

Declaración responsable, da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou de linguaxe, conforme reúne os requisitos de formación esixidos.

 

 

MOI IMPORTANTE:

 

 O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar comeza o 8 de maio e remata o 20 de setembro de 2023.

O alumnado con BECA que marchen do centro ó IES adscrito terán que solicitala no IES.

            Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración, poñédevos en contacto co centro.  

HORARIO DO ORIENTADOR NO CENTRO

Luns de 10:00 a 14:00

Martes de 09:00 a 14:00

INICIO BIBLIOTECA

INICIO BIBLIOTECA POLAS TARDES

Informamos ás familias que o servizo de biblioteca polas tardes dará comezo o 17  de outubro, xa que despois das obras do verán, aínda non está preparada nin inaugurado o curso lector 22/23.

A partir desa data o seu horario será de LUNS  a XOVES, de 16:00 a 18:00h para o alumnado de 3º de primaria en adiante. 

Calendario de reunións de inicio do curso 2022/23

CURSO 2022/23

A continuación indicamos o día e a hora das reunións de inicio do curso 2022/23

 

 

DÍA

 

HORA

1º CICLO (1º e 2º Primaria)

 

LUNS 5

 

10:00

2º CICLO (3º e 4º Primaria)

 

LUNS 5

 

12:00

EDUC. INFANTIL (4º, 5ºe 6º Infantil)

 

MARTES 13

 

16:00

3º CICLO (5ºA 5ºB e 6º Primaria)

 

MARTES 13

 

17:00

 As reunións serán por ciclos para tratar temas conxuntos e despois cada titoría irá co seu titor/a para tratar aspectos máis concretos de cada aula. 

É importante que os nenos non asistan a ditas reunións.  

AXUDA FONDOLIBROS

 

Fondo Solidario, axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023

 

ORDE DO 29 DE ABRIL DO 2022, PUBLICADA O 18 DE MAIO NO DOG QUE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

Prazo para presentar solicitudes: dende o 19 de maio ata o 10 de xuño(inclusive)

 

 

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, ou a Chave 365.

 

Guía para realizar a solicitude: pincha aquí

 

As solicitudes poderán presentarse:

- de xeito presencial no centro en horario de 09:00 a 10:00 e de 13.00 a 14.00.

- POR VÍA ELECTRÓNICA nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal con código de procedemento ED330B mediante Certificado Dixital ou Chave365.

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria deberá presentar a súa solicitude no IES.

 

A solicitude será única por familia do alumandoque estea admitido no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso.

 

 

MODALIDADES:

 

* Participación no fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º de Educación Primaria.- O alumnado matriculado en 5º e 6º de Primaria, cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto.

 

* Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.

 

* Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que curse no 2022/23 Educación Primaria.

 

REQUISITOS:

 

Ter entregado os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2021/2022 antes do 18 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Compromiso de conservar os libros de texto en bo estado.

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das axudas para a adquisición de material escolar.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • Fotocopia do libro de familia.

  • Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2020, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.

  2. Certificado ou volante de convivencia.

  3. Informe dos servizos sociais.

  • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

  • Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2019, cando non autorice a consulta telemática.

  • Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titores carezan de DNI ou NIE

 

 

 

INFORMACIÓN PARA SOLICITAR AXUDA MATERIAL E LIBROS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Portal web "Xanela aberta á familia" e a guía de alimentación "O ABC do consello alimentario na infancia"

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.

Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos

Para máis información:

Portal web de “Xanela aberta á familia”: https://vida-saudable.sergas.gal/

Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón

Inscripción no sistema de avisos da “Xanela aberta á familia”: ligazón

Para achegar calquera consulta ou suxestión escribir a: Vida.saudable.eps@sergas.es

Vídeo para coñecer o centro

Como este curso non podemos facer xornada de portas abertas, deixamos este vídeo para que coñezades o centro e o seu funcionamento.
Distribuir contido


by Dr. Radut