Skip to Content

Palabras con memoria

PALABRAS CON MEMORIA

 

Prezadas familias.
 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do cole poñémonos en contacto convosco para solicitar de novo a vosa colaboración na actividade titulada “Palabras con Memoria” (orixinario da AELG). A actividade segue tendo por obxecto recuperar palabras e expresións nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción e así darlles a oportunidade de manter a súa vixencia.

 

Propoñemos que, ao igual que o curso pasado, recuperemos aquelas palabras ou expresións que non hai moito tempo estaban nas nosas conversas cotiás, pero pouco a pouco foron perdendo o seu espazo e se viron substituídas por outras. Seguro que se facedes memoria atopades aquelas palabras ou expresións que, sen ter por que figurar actualmente nos dicionarios, si tiñan un significado moi próximo a nós, porque nolas dicían as nosas avoas e avós ou llas escoitabamos a elas... Ao longo do curso, sen ter que facer esforzo, seguro que nos veñen a memoria algunhas verbas ben fermosas.

 

Podedes enviarnos esas palabras, acompañadas do seu significado e da situación na que eran empregadas, por distintos medios:

 

  • A seguinte dirección de correo electrónico edlgsoutodonas@gmail.com

 

  • Na páxina web do cole no apartado de Normalización atoparedes un formulario para enviárnolas

 

As palabras ou expresións terán que ser en galego.

 

A data límite para a recollida será o 31 de maio.

 

De novo moitas grazas por participar nesta actividade. Abofé que atoparedes palabras e/ou expresións tan fermosas como:

 

“Andar en carrancho”, “porfiar”, “aciacú”, “estribillar”, “deloirar”, que che trouxo teu pai da feira: un estentalá e un correverás par as pernas de atrás, un tiverás.

 

Un saúdo do EDLG

 

Acceso ó Formulario

PALABRAS CON MEMORIA

Distribuir contido


by Dr. Radut