PARA ESCOITAR E CANTAR EN GALEGO
RADIO PICARIÑA
Esta nova canle dixital, integrada na marca Xabarín, pon a disposición dos usuarios unha selección coas mil mellores cancións en lingua galega para os todas e todos.
PARA LER E ESCRIBIR EN GALEGO
A CHAVE
O proxecto da Chave súmase ao esforzo colectivo de lle dar valor e prestixio á lingua. Quere contribuír a que sexamos unha sociedade con mairo consciencia lingüística, máis animada a coñecer e usar o galego. Fornécenos léxico sobre a fauna e a flora e ligazóns de internet sobre a lingua e a sociedade.
O PORTAL DAS PALABRAS
Unha iniciativa dirixida a moitos tipos de persoas, desde rapaces en idade escolar a persoas maiores que teñan interese polo noso idioma e o seu léxico. O que se precisa para aproveitar este Portal é que se teña curiosidade e ganas de aprender. Podemos atopar moita información sobre léxico, vídeos e xogos que resolverán moitas das nosas dúbidas sobre a lingua.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é a entidade oficial que reúne máis de 415 escritores e escritoras da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións...
O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego.
Desde a súa fundación en 1906, a Real Academia Galega foi concibida como unha ferramenta que os galegos se daban a si mesmos para o fomento da súa cultura e para a codificación e estudo do seu idioma. Hoxe, máis de cen anos despois daquela data, a Academia proponse manter o seu servizo á sociedade galega dando resposta aos novos retos formulados neste século que comeza.