LISTAXE PROVISIONAL DAS AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

No Taboleiro de Anuncios do centro (na entrada principal, dentro do recinto) está a listaxe provisional de solicitudes de axudas para libros e material escolar concedidas e excluídas.

Tamén podedes consultar a listaxe chamando ao teléfono do colexio (886 12 12 40) de 9 a 14 h.

O prazo de subsanación dos motivos de exclusión remata este venres 10 de xullo, ás 13.30 h.

As familias do alumnado que o vindeiro curso 2020-21 vai cursar 1º, 2º e 5º, ao non depender de reparto de libros por parte do centro, poden recoller xa os vales, nas seguintes quendas:

1º de primaria: mércores, 8 de xullo de 9 a 14 h.

2º de primaria: xoves, 9 de xullo de 9 a 11 h.

5º de primaria: xoves, 9 de xullo de 11 a 14 h.(Só o vale de material)

O venres o centro permanecerá pechado por ser festivo en Gondomar.

Os restantes cursos (3º, 4º e 6º) deben esperar á publicación da listaxe definitiva. Publicarémola o luns, 13 de xullo. Deste xeito estableceremos as seguintes quendas para a recollida de vales e libros:

Martes de 09 a 14:00 alumnado de 4º.

Mércores de 09 a 14:00 alumnado de 6º.

Ao alumnado de 3º que lle correspondan libros do fondo, como ten que mercalos o centro e despois repartilos, dependemos de que a librería á que lle fagamos a compra, teña existencias. Avisaremos tan pronto coma os teñamos de que día poderedes pasar a recoller os vales  para material e os libros concedidos.

DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 6º.

Rematou  este  curso  tan  raro...

e,  para  os nosos  compañeiros  e  compañeiras  de  6º,  rematou  tamén,  unha  etapa  educativa.

Desexámosvos  o  mellor  na  andaina  que  comezades  e  esperamos  as  vosas  visitas ...

Aí  está  a  nosa  despedida (lembranza do  colexio),  esperamos  que  vos  guste.

Clicade  na  foto

 

RECOMENDACIÓN LECTORAS PARA ESTE VERÁN DO 2020

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS RECOMENDARVOS UNHA CHEA DE LECTURAS REFRESCANTES PARA ESTE VERÁN.

(CLICA NA IMAXE) 

 

 

SEXTO PARA SEMPRE

 Este curso non podemos despedir aos nosos compañeiros e compañeiras de sexto como se merecen, mágoa!!

Pero eles decidiron despedirse de todos nós deste xeito especial.

Clicade na foto para miralos.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

DÍA  MUNDIAL 

DO 

MEDIO  AMBIENTE

 

 Hoxe é un día moi importante para nós e para o Planeta Terra.

Con estes carteis queremos aportar o noso gran de area

para conseguir que a Terra sexa... un

 

 PLANETA SAN!!!

   

INSTRUMENTOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO

CLICADE  NA  IMAXE  PARA  MIRAR  OS  INSTRUMENTOS.

 

SAYING GOODBYE TO ANAIS

29th May 2020

Today is the last day at school for Anais. We are very happy to have had such a nice person at our school. She gave us a little of her language, her culture and a little piece of her heart. We also give her ours.

Since our students can´t give Anais a small celebration at school,  they want to say goodbye to her with a special present.

We hope you like it!! 

 

Click on this picture

 

 

 And... a little bit of our best moments...

We hope to see you again!Kisses and hugs!!

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21.

 

No DOG do 19 de maio regúlase para o curso 2020-21:

 - A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e E.S.O.

 -  A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP. e para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo que necesita libros e material diferenciado.

 -  A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E. Primaria e E.S.O.

 Dada a situación actual, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, ou a Chave 365.

Podedes consultar a guía para realizar a solicitude clicando aquí .

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes no colexio (con cita previa que será dada chamando ao teléfono do colexio 886 12 12 40 en horario de 9 a 14 h.) seguindo as recomendacións sanitarias.

 As persoas interesadas deben presentar:

  • Anexos I e II (solicitude e autorización para a comprobación de datos) debidamente cubertos e asinados.
  •  Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexar os datos.

Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, un dos seguintes documentos: sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia, certificado, volante de convivencia ou infome dos servizos sociais.

         .  Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia.

 

Só se precisa unha solicitude por familia, nela se incluirán todos os/as  fillos/as e todas as axudas solicitadas.

O prazo para solicitar calquera das axudas comeza o 20 de maio e remata o 19 de xuño (incluído).

As solicitudes, xunto coa documentación requerida, hai que tramitalas no centro onde o/a alumno/a vai estudar o vindeiro curso (os de 6º de E. Primaria no instituto correspondente).

No caso de entregar no colexio a solicitude pregamos que as revisedes ben, que veñan con todas as sinaturas e con todas as fotocopias requeridas para evitar ter que vir varios días (en ningún caso o centro fará fotocopias).

 

O código do centro é 36017703

                                                                                            

                                                                                            Donas, 20 de maio de 2020.

                                                                                              O EQUIPO DIRECTIVO.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

 RICARDO CARVALHO CALERO.

Lector apaixonado, escritor, poeta, crítico e historiador da literatura galega, buscador de palabras e libros ... Ricardo Carvalho Calero foi un firme construtor do idioma e un incansable activista da nosa cultura.

Por todo isto, e moito máis, é o persoeiro escollido pola RAG para honrar este 17 de maio do 2020 no Día Grande das Letras Galegas.

Dende o cole quixemos facerlle unha homenaxe reproducindo o xeito no que elaborou a súa Historia da Literatura Contemporánea, tal e como explicou a súa filla:

Na súa mesa sempre tiña alguén en fronte que ía collendo e rexistrando as anotacións. E é que non había ordenador! As notas da Historia da literatura galega foron todas feitas con tiriñas de papel que iamos organizando. Entón, cando eu cansaba, viña a miña nai e poñíase ela.

Entrevista en Nós Diario (30/11/2019)

Moitas grazas a todas e todos aqueles que participastes na elaboración da nosa pequena Historia la Literatura. Agardamos que desfrutedes dela.

 

"Hecho
Distribuir contido