Esta é a regueifa que creamos @s regueifeir@s do segundo trimestre do curso 2019-20.
Gozade dela e cantade con nós!!!
Aquí tedes a letra, para poder acompañarnos:
Ola, como estades todos? Hoxe vimos saudarvos. queremos facer regueifas e despois imos marcharnos. |
Non nos gusta o maltrato se nós temos un animal. Necesitamos axuda porque iso está FATAL. |
Non nos gustan os exames que nos fan facer no cole. Os profesores son malos. Temos que facer que MOLE!!!
|
As persoas non fan caso e despois hai consecuencias. O medio ambiente o reflexa e nós facemos regueifas. |
Os nosos pais son moi malos que nos fan facer deberes. Non nos gusta o traballo. Nós queremos máis PODERES!! |
Ata aquí chegou o conto. Esta é a despedida. Xa acabamos a regueifa. Vémonos o outro día. |
Premede na IMAXE para visualizar o noso traballo.
Comezamos o Obradoiro de “Regueifas” do curso 2019-20 coa seguinte creación,
feita polo alumnado do primeiro trimestre.
Esperamos que gocedes dela!!!
Preme na IMAXE e visualizarás o noso traballo.
O alumnado do Obradoiro de "Regueifas" quere presentarvos a súa creación feita no terceiro trimestre do curso 2018-19.
Esperamos que gocedes da mesma!!!
Preme na imaxe para visualizar a nosa REGUEIFA.
As alumnas e alumnos do TRONO INFORMATIVO fixeron un traballo de recollida das novas máis destacadas deste primeiro trimestre. Neste noticiario ofrécennos información da nosa contorna sobre temas tan variados como as nosas conmemoracións, o proxecto deste ano, unha entrevista, deportes e como non a meteoroloxía.
Non tés máis que premer nos micros e escoitarás as novas. Agardamos que a información sexa do voso agrado.
As alumnas e alumnos do Obradoiro Radiofónico fixeron un traballo de recollida das novas máis destacadas deste primeiro trimestre. Neste noticiario ofrécennos información da nosa contorna sobre temas tan variados como as nosas conmemoracións, o proxecto deste ano, dúas entrevistas e como non a meteoroloxía.
Non tés máis que premer nos micros e escoitarás as novas. Agardamos que a información sexa do voso agrado.