Contorno

SITUACIÓN

O C.E.I.P. Souto Donas situase na parroquia de Donas, no municipio de Gondomar. acuden a este centro nenos e nenas, fundamentalmente,  das parroquias de Donas e Borreiros, e algunhas entidades de poboación de Mañufe.

Gondomar é un municipio pertencente á provincia de Pontevedra e á comarca metropolitana de Vigo. Intégrase xunto cos concellos de Baiona e Nigrán na comarca natural do "Val Miñor". Ten unha extensión de 75 quilómetros cadrados e a súa poboación comprende 12.888 habitantes (IGE, 2006), distribuídos nas parroquias de Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Peitieiros, Vilaza e Vincios.

 

Borreiros (San Martiño) ten 1.081 habitantes distribuídos nas entidades de poboación do Aciquelo, A Bandeira, Os Boucelos, O Burgovedro, Cabaleiros, O Castro, O Cruceiro, A Esparadela, A Estrada, Guntín, O Lousado, O Monteiro, A Oliveira, As Regadas, San Martiño, O Seixo, O Telleiro, A Tomada, A Valada, Viso de Calvos e A Xunqueira.

Donas (Santa Baia) ten 1.265 habitantes esparexidos entre as entidades singulares de poboación de Abrollido, O Alcoúcer, A Areosa, A Barcalla, A Barga, As Barreiras, O Cruceiro, A Estrada, O Estripeiro, O Meixón, A Miranda, O Mosteiro, A Nogueira, O Pereiro, San Cibrán, Sermán, O Sobreiro, O Souto e o Telleiro.

Mañufe conta con 1.229 habitantes distribuídos nas entidades do Barco, O Campo das Bestas, A Costa, Castrillón, A Cruz, Fontán, Galisteo, A Goldra, O Lameiro, A Moreira, Nande, Penalba, Piquetes, A Ponte, A Portavedra, Pousada, O Rapadouro, San Brais, San Sebastián, Santo André, Seidóns, A Sequiña, A Texosa e O Verdeal.

CARACTERÍSTICAS

Relevo. O colexio esta situado no "Val Miñor" que presenta certa variedade de formas: por unha banda, participa da chaira pola que discorre o leito do río Miñor e, pola outra, da paisaxe montañosa, pricipalmente ó leste e ó sur , constituída pola serra do Galiñeiro e a plataforma amesetada entre esta e a serra da Groba, as cales encerran o val que queda aberto ó oeste.

Clima. Presenta caracteríticas similares ó das restantes Rías Baixas, se ben hai que destacar unha menor cantidade de precipitación anual, sobretodo na época estival, o que unido a suavidade das temperaturas invernais lle confire un matiz mediterraneo.

Hidrografía. A arteria principal é o río Miñor, formado a partir da confluencia do Morgadáns e do río da Rasa, que descenden da vertente sudoccidental do Galiñeiro. En Gondomar úneselle pola dereita o seu principal afluente, o Zamáns, que descende no norte do monte Galiñeiro. O río Miñor ten 16 quilómetros de percorrido e é de réxime atlántico. Aínda que non verte as súas aguas ó Miñor, dentro da súa mesma cunca pódese incluir o río da Groba, que descende da serra do mismo nome e desemboca na praia de Sabarís en A Ramallosa ( Baiona).

Distribuir contido