Normas de organización e funcionamento

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

                                         Índice

A) Organización práctica da participación de tódolos membros da comunidade educativa.

A.1.- Normas xerais de funcionamento.

A.2.- Normas de circulación de vehículos.

 B) Maneira de xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado.

 C. Normas para a utilización das instalacións,organizacións recursos e servicios educativos do centro polos distintos sectores da comunidade educativa e as súas organizacións.

C.1.-Normas das actividades extraescolares.

C.2.-Utilización das instalacións por parte das asociacións de país de alumnos, asociacións de antigos alumnos e as súas respectivas federacións, sindicatos, movementos de renovación pedagóxica e grupos de profesores.

 

 

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.

 

A)Organización práctica da participación de tódolos membros da comunidade educativa.

 

A.1.- Normas xerais de funcionamento:

  • O alumnado deberá chegar ao Centro con puntualidade, dirixíndose á aula correspondente con tranquilidade.

    En E.Primaria, deixarase un marxe de 5´ para incorporarse a clase. Unha vez transcorridos considerarase falta de puntualidade que será rexistrada no XADE e notificada á familia. Cando un alumno sexa reincidente nas faltas de puntualidade, a partir da 3ª, deberá quedar co profesor de garda facendo actividades que se correspondan coa materia que lle toque nese momento no horario.

    En E.Infantil, o primeiro momento da mañán é o momento de encontro e saúdo, pero sobre todo é importante porque serve de tránsito dende o ambiente familiar ao escolar. Cando se observen reiteradas faltas de puntualidade, tras tres toques de atención ás familias, se lles remitirá directamente a Dirección.

  • Tanto o profesorado coma o alumnado farán os cambios de clase, saídas e entradas con puntualidade, evitando os tempos mortos, e con orde e en silencio nos casos de cambio de aula.

  • Durante os recreos o alumnado que permaneza nas aulas, estará sempre acompañado polo profesor/a correspondente.

  • Durante os recreos o alumnado non poderá permanecer nos corredores e lugares de tránsito e terá que utilizar os baños exteriores.

  • O alumnado en xeral deberá usar os baños nos periodos de recreo.

  • Do mesmo xeito, en xeral, terán que merendar e beber nos periodos de recreo.

  • Nos días de choiva, o alumnado permanecerá durante o tempo de recreo na aula correspondente a súa titoría, vixiados polo profesorado que teña quenda de recreo.

  • Non poderá permanecer nos corredores ningún alumno/a só, mentres o resto do profesorado e alumnado estea en clase.

  • ·Durante os recreos, para que os rapaces e rapazas poidan saír do recinto escolar (recuperar un balón,...) deberán solicitalo antes ao profesorado. Nas zonas destinadas ao aparcamento de vehículos non poderá permanecer o alumnado por motivos de seguridade.

  • ·As saídas pedagóxicas son actividades programadas dentro da PXA e o alumnado que con motivo de non ser autorizado polos seus pais/nais ou titores/as legais a asistir a unha saída escolar, ou que non trouxesen a correspondente autorización, permaneceran no centro e se incluirán no grupo de alumnos/as máis próximo ao seu nivel de idade, onde realizará as tarefas que o seu titor/a lles deberá deixar encomendadas.

  • ·Ningún alumno/a poderá abandonar o colexio en horario escolar agás expresa petición dos pais e co persoamento deles ou persoa responsable na que deleguen.

  • En xeral o alumnado á saída do centro vai para as súas casas en transporte escolar ou é recollido pola súa familia ou persoa na que deleguen. Aquelas familias de alumnado de 5º e 6º de E.Primaria que acorden que os seus fillos/as vaian sos para casa deberán asinar por escrito a correspondente autorización. Valdrá asinar unha autorización para todo curso.

  • As tablets utilizaranse sempre con fins educativos. Nos periodos de recreo, nos días de choiva o alumnado poderá utilizalas nas aulas. Se o recreo faixe no patio exterior non se permitirá o uso das mesmas para propiciar o exercicio físico e os xogos cooperativos.

  • O uso dos móviles só estará permitido en saídas fóra do centro e nos momentos que o profesorado autorice o seu uso.

  • Estará prohibido traer ao centro obxectos que poidan por en perigo a integridade física e a saúde do resto do alumnado (obxectos punzantes, ...).

  • As familias non poderán subir ao 1º andar nin acceder as aulas durante a xornada lectiva, excepto co permiso da dirección do centro. Do mesmo xeito cando veñan a recoller a un alumno/a deberán comunicalo en secretaría ou ao profesorado de garda para que algunha persoa do centro o vaia a buscar a aula correspondente.

  • Será precisa a autorización do centro para a colocación de carteis ou a distribución doutras informacións ao alumnado do centro.

A.2.- Normas de circulación de vehículos.

· Os aparcamentos do Colexio son de uso exclusivo dos traballadores e traballadoras do Centro ou para aparcar as bicicletas do alumnado.

· Queda expresamente prohibida por motivos de seguridade a circulación       polo recinto escolar de todo tipo de vehículos, agás os autorizados especialmente.

·Nas zonas destinadas ao aparcamento de vehículos non poderá permanecer o alumnado por motivos de seguridade.

 

B)Maneira de xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado.

 

·      As faltas de asistencia a clase do alumnado deberán ser xustificadas de xeito inmediato e diante do titor/a, mediante o impreso correspondente que deberá ser asinado polo pai/nai ou titor/a do alumno/a.

·      Consideraranse faltas xustificadas aquelas motivadas por enfermidade, asistencia médica e cumprimento de deberes inescusables.

O titor é a persoa responsable do control de asistencia do seu alumnado. Cando o titor/a observe que se están producindo demasiadas faltas deberá entrevistarse coas familias para coñecer o motivo de ditas faltas e tratar de reconducir a situación.

·      Cando o número de faltas sen causa xustificada supere o 15 %, do total das horas lectivas dun trimestre, poderanse aplicar sistemas de avaliación extraordinarios e a Xefatura de estudos citará ás familias para tratar de reconducir a situación e informar das consecuencias que derivarían de continuar a mesma situación. Neste caso daríase conta á autoridade pública competente.

 

C. Normas para a utilización das instalacións,organizacións recursos e servicios educativos do centro polos distintos sectores da comunidade educativa e as súas organizacións.

 

C.1.-Normas das actividades extraescolares.

·    Ó principio do curso informarase ós pais e nais do programa de actividades extraescolares organizadas pola ANPA cos seus correspondentes horarios, así como da presente normativa.

·      Ás actividades extraescolares só poderá asisti-lo alumnado que vaia a participar nelas.

·     As actividades extraescolares desenvolveranse en horario de 16:00 a 18:00.

·    Durante o desenvolvemento das actividades usaranse só as dependencias previamente asignadas. As dependencias utilizadas deberán quedar recollidas, limpas e ordenadas. 

·    O transporte escolar non cubre as actividades extraescolares.

Os nenos e nenas que fagan uso da biblioteca polas tardes poderán ser recollidos pola súa familia a calquera hora e coma moi tarde ás 18:00h.

  • O alumnado que se atope no centro no horario das actividades extraescolares deberá estar baixo a supervisión dos monitores das respectivas actividades, do profesor encargado da Biblioteca ou das súas familias.

·    Os/as monitores/as pasarán lista sempre e controlarán que os asistentes ás actividades son aqueles que están debidamente anotados. Así mesmo serán os responsables do traslado do alumnado dende as depencias onde se desenrole a actividade ata a biblioteca e viceversa.

·    Non se pode utiliza-lo material do ximnasio, nin antes nin durante nin despois das actividades, agás no caso que o desenvolvemento da propia actividade así o precise, supervisado entonces polo monitor/a correspondente.

·    As bicicletas nas que veña o alumnado, permanecerán nos aparcamentos. En ningún caso poderán ser utilizadas dentro do recinto escolar.

·    As normas de comportamento nas Actividades Extraescolares son as mesmas cas do horario lectivo, polo que debemos respectar ós compañeiros/as, profesores/as, monitores/as e instalacións e material de igual maneira que polas mañás.

 

C.2.-Utilización das instalacións por parte das asociacións de país de alumnos, asociacións de antigos alumnos e as súas respectivas federacións, sindicatos, movementos de renovación pedagóxica e grupos de profesores.

 

· Deberán presentar solicitude á Dirección do centro cunha antelación mínima de tres días e esta, unha vez estudiada a solicitude, dará se o estima oportuno a autorización correspondente.

· Estas entidades faranse responsables das instalacións que utilicen  e que deberán deixar no mesmo estado de orde e limpeza no que estaban.

· Se a utilización do recinto escolar precisase dispor das chaves, asinarase un documento no que conste a entrega das mesmas.

Así mesmo deberán entregar as chaves inmediatamente despois de ter utilizado as instalacións escolares.

"Se todas e todas respectamos as normas funcionaremos mellor."

Distribuir contido