Skip to Content

Animación á lectura

PRESENTACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA

AQUÍ TEDES A NOSA BIBLIOTECA!! 

 

vídeo

 

DÍA DA PAZ

A HISTORIA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS

Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes mil grúas de papel. A consígna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima,cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando

tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia.

Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel (papiroflexia), os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas.

É así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesmas 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo 

porque faleceu moito antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só

conseguira encartar 644 grúas de papel. Simbólicamente, os seus amigos continuaron 

a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras 

no futuro e conseguísese a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde 

da morte de Sadako, os nenos e nenas de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle 

unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.

Xustificación do proxecto

O RETO PARA O DÍA DA PAZ

O reto será facer 1000 grúas de papel que colgaremos no centro.

 

Esta actividade de papiroflexia farémola entre os/as alumnos/as, as familias e o profesorado. Durante a súa elaboración  teremos que desexar que remate a guerra e así conseguir superar o reto.

VÍDEO EXPLICATIVO DE COMO FACER UNHA GRÚA DE PAPEL

https://www.youtube.com/watch?v=LLbWxDWqtQg&ab_channel=Papelisimo

 

 

INICIO CURSO LECTOR

Este ano voltamos á biblioteca con moitas moitas pero que moitas ganas de contos. Empezamos cunha actividade que nos gustou un montón. Seguimos un xogo de pistas que nos ía levando a diferentes sitios. A última parada foi a biblioteca. Alí esperábanos un conto "La gran fábrica de las palabras"

Feliz ano lector!!!!

Semana do libro

Hoxe luns 26 de abril, presentamos os dous últimos contos deste mes. Nesta ocasión, Eva contounos "O incrible neno devorador de libros" e Miriam contou "¿Por qué no floreces?".

Moitísimas grazas a todos/as polas vosas contadas e esperamos que gocedes un montón con todas as aventuras!

 

Semana do libro

23 DE ABRIL 

Hoxe celébrase o Día do libro e presentamos dous contos máis: "Pete the cat" por Marina e "Vacío" que nos conta Carlota.

Pasade bo día de contos e aventuras!!

 

Semana do libro

Hoxe, xoves 22 de abril é o día da Terrra e propoñémosvos os contos de Nano "A terra acatorrouse", Marta e Bea "Unha árbore" e Guillerme "Non te amola". Esperamos que gocedes moito con eles. 

 

 

Semana do libro.

Para o mércores desta semana lectora, Yolanda e Tamara, María e Alicia contan máis contos. Mirade, mirade...

 

 

Semana do libro

Hoxe martes, deixámosvos tres contos contados por Noelia, Eva e José Luis e Belén. 

 

Semana do libro

EN ABRIL, LIBROS MIL

O 23 de abril celebramos o día do libro e por iso, esta semana ímola adicar ós contos. Cada día poderedes ver un ou máis vídeos de profes do cole contando historias e aventuras para tod@s.  Grazas a tod@s por participar e gozade moito deles!!!

 

SAMAÍN 2020

PARA PASAR UN SAMAÍN DE MEDO LENDO E CANTANDO. AÍ VAN AS NOSAS PROPOSTAS

PARA CANTAR 

                                                   

https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8            

 

https://www.youtube.com/watch?v=DwpM3DCNyGg&feature=youtu.be

                           


https://www.youtube.com/watch?v=PZ5Bd1lSJCE

    

https://www.youtube.com/watch?v=hy-F-bWc7F4

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=8e9HUdpOaiI

 

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=2pgnAO_k4YQ

 

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=YXi2iMq8HDU

 

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=trDl36m9pgA

 

 

PARA LER E CONTAR

                                                                         

         https://www.youtube.com/watch?v=Eiypr98wXWE&pbjreload=101

                                    

https://www.youtube.com/watch?v=EfUEd0xTlhA

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=JMiUwBABHg0&feature=youtu.be

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=a77SG0RhJ54

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=ececuElD_78

 

 

 

 

QUE VOS PARECE SE CONTAMOS FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS

 

ADIVIÑAS

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut