O día 24 de febreiro, como vén sendo habitual, celebramos no cole o día de Rosalía de Castro.
Este ano realizaremos unha actividade plástica e para rematar traballaremos sobre o poema de Rosalía "O moucho" coa súa versión musicada, que podedes escoitar premendo aquí.
Tamén deixamos o acceso a un genially, elaborado polo EDLG de varios centros, onde ademais de aprender datos sobre a vida e obra de Rosalía tamén tedes actividades interactivas.
Asemade o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) quixeron compartir connosco un recurso que elaboraron para aproximarnos á vida da escritora. Non deixedes de visitalo a través desta ligazón.
Logo do desenvolvemento da charla impartida pola Dra. Sonia Villapol Salgado recibimos moitos parabéns e mostras de agradecemento. Supoñía un reto tratar de recoller en poucas palabras todo o que nos foi chegando, polo que decidimos facer a montaxe de vídeo que a continuación vos presentamos. Sen dúbida non están todas as que son mais son ben sentidas todas as que están e son un reflexo da nosa gratitude.
Houston, Houston!! Temos unha morea de dúbidas!
E quen nos responde a todas estas preguntas? As preguntas respóndenolas a Ciencia. E que é a Ciencia? A Ciencia é unha muller de Bretoña, a Ciencia é Sonia Villapol Salgado.
Sonia Villapol é Profesora e Investigadora Principal no Instituto de Investigación do Hospital Metodista, en Houston (o maior centro médico do mundo). E ao mesmo tempo é Profesora de Neurociencias na Universidade de Cornell en Nova Iorke.
O venres 18 de decembro estivo connosco Sonia Villapol a través dunha conferencia que compartimos en directo na nosa canle de YouTube .
Participamos nesta charla alumnas e alumnos do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda (Lugo) e do CEIP Plurilingüe Souto Donas (Gondomar).
Premendo na seguinte imaxe accedes á visualización do vídeo promocional da charla.
Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas seguindo unha antiga tradición. É tempo de... SAMAÍN!
"Nin as bruxas, nin os demos ou zombis pintan nada no imaxinario desta festa, todo o máis as pantasmas coa cara tapada ou emborrallada como no magosto, festa que, por certo, ten bastante proximidade con esta. E dende logo nada de morcegos, arañas, bufos, ou outros animais semellantes, respectados no rural polos seus beneficios e satanizados... no Halloween." www.blogofiadeiro.blogspot.com
Convidámosvos a que, dende as vosas casa, continuedes con esta tradición e participedes nesta actividade:
1. Decora a túa cabaza empregando, preferiblemente, materiais de refugallo.
2. Sácalle unha foto.
3. Envíanola ao correo "edlgsoutodonas@gmail.com" indicando o nome e o curso da/o nena/o.
Data límite para enviar a foto o día 2 de novembro.
Lembrade que este curso por mor das condicións sanitarias que estamos a vivir non poderemos traer as cabazas ao cole.
Permanecede atentas e atentos á nosa páxina web para ver a montaxe que crearemos con todas as cabazas.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Xa chegado o tempo do Samaín, aquí vos deixamos xogos e actividades para aprender e pasalo ben.
Lim: Chegou o Samaín
Lim: o Outono e o Samaín
Conto do Samaín da EEI Tarrio Samieira
Xogo " Aí vén a bruxa"
Xogo do Samaín
Xogo "pillacabazas"
Decora a túa cabaza : "Pumpkin Dress-Up"
Disfraza e colorea ( Dress up with Halloween costumes)
DO SAMAÍN Ó HALLOWEEN
PARA SABER MÁIS SOBRE AS ORIXES DO SAMAÍN
COMPILACIÓN RECURSOS SAMAIN
NUMEROSOS E VARIADOS RECURSOS
UNIDADE DIDÁCTICA: O SAMAÍN
ACTIVIDADES PARA INFANTIL E PRIMARIA
UNIDADES DIDÁCTICAS: O MAGOSTO