Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Hoxe recibimos ao personal do CSIC participando no Exper-i-Ciencia CSIC 2013. Esta edición conta co apoio da Fundación Barrié a través da súa canle educaBarrié.
Estivemos moi atentos e desfrutamos moito da clase de Luísa. E deixounos tarefas! A nosa primeira tarefa como científicos será investigar quen era esta extraña criatura que nos deixou.
Despois de discutir en asamblea temos unha hipótese:
FOSIL DE OURIZO?
E a partir da páxina de "Divulgamar" verificamos que se trataba dun ourizo de arena, tamén chamado "Pataca de mar", con nome científico: Echinocardium cordatum. que, cando esta vivo ten como pelillos e é así...
(clicade en "Ler máis" ou no título desta nova para descubrir a foto)
Dende hoxe, xa non quermos ser bailarinas, futbolistas ou pilotos. Agora queremos ser... CIENTÍFICOS!
A iniciativa consiste en encontros científicos nos centros de ensinanza entre personal científico do CSIC en Galicia e o alumnado.
Nesta xornada desenvolvimos as actividades, por quendas, no recentemente acondicionado Laboratorio do cole e na sala de audiovisuais.
Luísa, a través do libro «La ola» (de Suzy Lee) presentounos o seu traballo de científica marina. Tamén fíxonos caer na conta de que ela non é a única científica que coñecemos…
Nesta xornada, Diana Zúñiga (IIM-CSIC) trouxo mostras de zooplancton. Desenvolvimos actividades por quendas, no laboratorio, que quedou así "oficialmente inaugurado"!
Hoxe recibimos ao personal do CSIC participando no Exper-i-Ciencia CSIC 2013. Esta edición conta co apoio da Fundación Barrié a través da súa canle educaBarrié.
A iniciativa consiste en encontros científicos nos centros de ensinanza entre personal científico do CSIC en Galicia e o alumnado desde Infantil ata Bacharelato.
Exper-i-Ciencia CSIC 2013 é a oitava edición dun proxecto de divulgación consolidado, que se ven realizando dende o año 2005.
Traballamos por vez primeira, no recentemente acondicionado, Laboratorio do noso centro!
Á espera dunha inauguración con actividades propias de laboratorio, hoxe puidemos coñecer e utilizar este espazo cunha actividade da área de Coñecemento do Medio.