AMar o Mar

AMar o Mar

PDI (Proxecto Documental Integrado) 

"Poemando" con Antonio García Teijeiro

Este luns, 7 de maio, tivemos a visita do poeta Antonio García Teijeiro. Poeta galardoado polo seu libro "Poemar o Mar" e autor dos poemarios que estamos a ler este curso na sesión de lectura nas aulas de Primaria.

 

Todo o alumnado gozou dunha amena charla, recitados conxuntos e unha boa dose de bo humor.

Moitas grazas, Antonio, por deixar esta fermosa pegada en todos nós.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

@S DE INFANTIL...DE MARISQUEO!!!

 Os nenos e nenas de Educación Infantil, traballaron a reo na praia de Bouzas onde foron mariscar xunto coas súas mestras da man dun grupo de expertos mariscadores.

Aprendendo a Amar o Mar...

 

 Pincha aquí para ver máis fotos 

Semana da Poesía

Durante a semana da Poesía estiveron a compoñer 

poemas. Houbo un concurso diario no que participou, masivamente, a aula de 5º EP. Cada día na corcheira da Leoteca aparecía unha palabra obrigatoria de incluír na creación. Esta palabra sempre foi un dos verbos do marcapáxinas “Amar o mar” que fora o agasallo do día das bibliotecas en outubro.

  O venres, na “hora de ler” compartimos lecturas apadriñadas con poemas.

E xa que o 7 de maio teremos a visita do poeta Antonio García Teijeiro, cada titoría preparou un cartel para compoñer, entre todos, unha exposición afondando na súa biografía, obras e premios.

Quedan expostos no corredor da entrada. Convidamos ás familias a visitar esta mostra no horario de tarde da biblioteca (luns, mércores, xoves e venres de 16h a 18h)

(descarga aquí o tríptico da exposición) 

 

Extra!! extra!! The Sobreira Times-AMar o Mar

Dende cada titoría redactouse unha sección de xornal para, entre todos, editar un exemplar especial:

“The Sobreira Times-AMar o Mar”

que queda exposto no corredor da entrada.


♫ ♪♩♫ 5º e 6º concerto do pergamiño Vindel ata a música popular

 

Grandioso concerto da man dos profes da escola municipal de música folk e tradicional.

 

Coñecimos a importancia da música e os textos do pergamiño Vindel e participamos da animada interpretación colectiva

♫ ♪♩♫ le-ro le-ro le-ro

 

O ALUMNADO DE 3º E 4º VISITAN O PERGAMIÑO VINDEL

   Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria visitaron o Monte do Castro para coñecer o monumento adicado ao trovador Martín Códax e tamén o Museo do Mar, onde puideron contemplar de cerca o Pergamiño Vindel antes de que viaxara de novo á Morgan Library de Nueva York.

  Unha xornada emocionante e cargada de historia!!!

Pincha aquí para ver máis fotos

FALAMOS COA ANTÁRTIDA

O venres 2 de marzo foi un día moi especial. Os nenos e nenas de 6º mantiveron unha charla de 40 minutos con responsables e científicos da base Juan Carlos I que España ten na Antártida, que moi amablemente nos contaron unha chea de cousas interesantísimas, curiosidades, anécdotas..., sobre como é a vida na Illa Livingston ao longo dos meses que hai campañas de investigación. Os rapaces tiveron a oportunidade de facerlles preguntas sobre a capacidade que ten a base, como son as construcións nas que viven e traballan, como se realizan as comunicacións, como se tratan os residuos, cales son as rutinas diarias de toda a xente que habita alí, científicos, técnicos,... Ademais tivemos a sorte de coñecer a Ana Pintado, científica viguesa da Complutense de Madrid que estuda os líquenes que se atopan na Antártida. Toda unha experiencia e un privilexio que queremos agradecer a todos os que fixeron posible que charláramos en directo coa Antártida... en galego!!!!   

                         Grazas Camilo, Antonio, Joan e Ana. Guiño

 

 

Clica aquí para ver máis fotos

Educación Infantil - illas atlánticas e MARCO

O alumnado de educación infantil visitou o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e o museo MARCO.

Día da Biblioteca (24 de outubro 2017)

Resultado de imagen de biblioteca escolar 2017 xunta

 

Este martes 24 de outubro, Día da Biblioteca, desvelaremos o Proxecto Documental Integrado para este curso 2017-18 

Nas últimas 5 semanas, cada xoves, foi aparecendo unha pista xunto ao personaxe da biblioteca “Don Preguntón”, para que o alumnado tentase adiviñar o PDI: “aMAR o mar”

Your image is loading...

No Día da Biblioteca, todos reunidos, estarán preparados 9 paneis para que un representante de cada titoría suba ao escenario recoller unha botella que terá unha mensaxe no interior.

As botellas abriranse facendo conta atrás, da nº9 ata a nº1 correspondéndose coa CDU xa que cada titoría investigará o tema “Amar o Mar” centrándose en distintos subapartados.

Antes de abrir cada botella proxectaremos imaxes correspondentes con ese apartado da CDU e que xa foran aparecendo nas pistas das semanas previas.

Despois de abertas as nove botellas e por tanto asignada investigación ás 9 titorías un biólogo da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) fará unha breve intervención, charla divulgativa.

 

Por último, ao xuntar os pergamiños das 8 primeiras botellas aparecerá a frase do PDI:A-M-A-R-O-M-A-R, e o pergamiño da última botella terá o modelo de marcapáxinas que  todo o alumnado levará como agasallo deste Día da Biblioteca.

descargar video presentación Día da Biblioteca 2017

Derradeira pista do Tema cole 2017-18

 

 

Your image is loading...

Continúan as pistas para adiviñar o tema do cole deste curso !!

A pista nº5 vai de Deportes e oficios...

achégate a Don Preguntón e se queres escribe nun post-it da corcheira da biblioteca cal pensas que será o Proxecto deste curso.RisaRisa 

 

Powered by Drupal - Design by artinet