Skip to Content

Matrícula

Matrícula e Comisión Escolarización

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Presentación solicitude praza ordinaria (Nova admisión)

Curso 2024-2025

 DO 1 AO 20 DE MARZO (ambos inclusive)

Instruccións para a presentación da solicitude:

- Telemática

       ou

- Presencial no centro educativo indicado en primeiro lugar

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2024-2025

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2024-2025

  

NIVEL EDUCATIVO 

POSTOS VACANTES

4º Educación Infantil 

20

5º Educación Infantil 

1

6º Educación Infantil 

0

1º Educación Primaria 

0

2º Educación Primaria

0

3º Educación Primaria 

0

4º Educación Primaria

0 

5º Educación Primaria

0 

6º Educación Primaria 

0

 

ADMITIDOS RESERVA DE PRAZA IES VALADARES

TODO O ALUMNADO QUE RESERVOU PRAZA NO IES ADSCRITO AO CENTRO (IES VALADARES) EN 1º ESO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2024-2025 ESTÁ ADMITIDO

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2024

Xa temos preparadas as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. Serán os días 15 e 22 de febreiro ás 16:30 horas. Podedes pedir cita enviando un correo electrónico ou por teléfonoEn caso de non poder asistir estes días, poñédevos en contacto con nós para axendar outra cita. 

Estaremos encantad@s de ensinar o noso centro a todas as familias interesadas en coñecelo. 

 

ESCOLARIZACIÓN 2024-2025. CALENDARIO

Aquí vos deixamos un resumo dos distintos procesos e datas da escolarización do alumnado para o vindeiro curso escolar 2024-2025.

1. Reserva de praza nos centros adscritos: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. Publicación das reservas admitidas: antes do 28 de febreiro.

2. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

3. Presentación de solicitude de praza ordinaria (noutros centros ou nova admisión): do 1 ao 20 de marzo.

4. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril

5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio

6. Formalización matrícula en Educación Infantil y Primaria: 20-30 de xuño

7. Formalización matrícula en Secundaria: 23 xuño - 7 xullo

ADMISIÓN ALUMNADO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023

O prazo de formalización de matrícula é

do 20 ao 30 de xuño en horario de 09:15h a 10:05h.

Documentación necesaria:

- MODELO DE SOLICITUDE ANEXO III-1

  PODE DESCARGALO AQUÍ OU RECOLLELO NO CENTRO

- DÚAS FOTOS TAMAÑO CARNÉ ACTUALIZADAS (co nome e apelido escrito  

  por detrás)

- FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO

- FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA

- FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA E DO LIBRO DE

  VACINAS

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA, E PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2020 - 2021

ATENCIÓN!!   IMPORTANTE!! 

Suspéndense todos os prazos administrativos (avaliacións, solicitude de matrícula, convocatorias abertas...). Serán reanudados unha vez perda vixencia este real decreto, ou no seu caso, as prórrogas do mesmo.

Distribuir contido


by Dr. Radut