« Septembro 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

Iniciar sesión

Laboratorio

Propiedades da Materia, con Belén

 Tivemos unha clase moi especial, da man de Belén, nai de Lidia e Martín de 3º de EP.

Descubrimos as propiedades da materia experimentando a solubilidade e achegámonos á táboa dos elementos e aos átomos.

Moitas grazas Belén pola túa colaboración.

Preparándonos para a súper Lúa do luns 14 de novembro

 

A Lúa verase máis grande e brillante do habitual, xa que coincidirán:

– a súa fase de lúa chea

– co punto máis cercano á Terra da súa órbita.

Ciencias Naturais e Sociais de 3º 2016-17, dentro do proxecto "Climántica".

Na aula-laboratorio prepararemos experiencias e traballaremos as unidades didácticas das áreas de Ciencias Naturais e Sociais do alumnado de 3º deste curso 2016-17, dentro do proxecto "Climántica".

climantica blog1

O noso reto é desenvolver as competencias clave traballando, ao tempo, a concienciación co medio ambiente, e fomentando o bo uso dos recursos.

 

Climántica (http://climantica.org/) é un proxecto de Educación Ambiental da Direción Xeral de Sostibilidade e Paisaxe en colaboración coa Consellería de Educación eOrdenación Universitaria. Este proxecto comezou en setembro de 2006, froito do traballo en equipo de catro grupos de expertos:  en didáctica, en edición gráfica, en multimedia e asesores científicos.

Aquí tendes varios enlaces a actividades na rede sobre o tema.

 

Neste enlace da ‘Junta de Castilla y León’ tes moitas actividades para xogar, ler e saber máis.

 

Queres descubrir a cara oculta da Lúa? Clica na imaxe para darlle voltas.

4º de Educ. Infantil no Laboratorio!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoTivemos unha moi especial clase no Laboratorio

Moitas grazas a Monserrat pola súa colaboración.

Infantil no Laboratorio - Resistencia eléctrica!!

SANTI, O PAPÁ DE PABLO ENSINOUNOS O QUE É A RESISTENCIA ELÉCTRICA: O GRAO DE DIFICULTADE QUE TEÑEN OS ELECTRÓNS PARA FLUIR A TRAVÉS DUN OBXECTO

PRIMEIRO MEDIMOS CUN POLÍMETRO, DESPOIS COMPROBAMOS CÓMO UNS MATERIAIS TEÑEN MOITA RESISTENCIA ELÉCTRICA: NON DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA. E OUTROS TEÑEN POUCA RESISTENCIA ELÉCTRICA: DEIXAN  PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA.

 E DESPOIS FIXEMOS UNHA RODA E A LUZ ENCENDEMOS!!! (PORQUE A TRAVÉS DE  NÓS A ELECTRICIDADE PASA)Guiño

RisaRisaMoitas grazas Santi

Infantil no Laboratorio - magnetismo!!

SILVIA, A MAMÁ DE INÉS, VIUNOS A DAR UNHA CLASE DE MAGNETISMO (O FENÓMENO POLO QUE OS OBXECTOS EXERCEN FORZAS DE ATRACCIÓN OU REPULSIÓN SOBRE OUTROS MATERIAIS).

IMÁN  NATURAL: A MAGNETITA.

OUTROS MATERIAIS PRESENTAN PORPIEDADES MAGNÉTICAS DETECTABLES. (A PROPIEDADE FUNDAMENTAL DOS IMÁNS É QUE OS ELECTÓNS ESTÁN ORDENADOS, NA OUTRA MATERIA ESTÁN DESORDENADOS.

XOGAMOS COS IMÁNS.E RESULTOU QUE NON É MAXIA, É CIENCIA!!!!!

 XOGANDO ,FIXEMOS PEQUENOS MOTORES E FIXEMOS BAILAR AOS OBXECTOS.

 

Moitas grazas SilviaRisa

CSIC - Microorganismos con Graciela e Pedro

17/04/2015 11:00
Europe/Madrid

Desenvolvimos unha fascinante xornada científica experimentando no laboratorio, aprendendo sobre os microorganismos.  

Graciela e Pedro, científicos do CSIC, achegáronse ao cole para amosarnos este gran universo seu da microbioloxía.

 

Na seguinte semana vixiamos a evolución das colonias de microorganismos nos cultivos que preparamos... espectacular pensar que todo iso estaba nas nosas mans!! ;)

 

CREACIÓN DO ALCOHOL ÉTÍLICO OU DE ALTA GRADUACIÓN

Despois da vendima, da maceración e da fermentación, recóllese o bullo con algo de alcohol inda do líquido que quedase e engádese no pote do alambique. bullo.jpg