Poñemos en marcha este espazo na web, para compartir con toda a Comunidade Escolar novas relacionadas con eventos da nosa vida na escola que son importantes para o noso alumnado.
Os voluntarios "Leotecarios" de 5º e 6º de educación primaria
da Sobreira, premiados cun obradoiro no cole!!
Resultamos seleccionados, polas nosas actividades durante este curso!. Participaron un total de 82 centros, dos que se seleccionaron 10 pola calidade e variedade nas actividades neste ámbito.
Moitas grazas.
Moitísimas grazas!!
A prensa recolleu a importante xornada que compartimos sementando en Valadares e máis tarde no Monte dos Pozos coa lectura do manifesto e abrazo ao monte.
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/10/20/miles-manos-reviven-monte-vigues/1982856.html
O proxecto de investigación do cole do curso 2016-17: "Con Vigo na Maleta"
premiado pola Consellería no contexto do plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas esco
lares.
As nosas actividades e
traballos de investigación dentro do Proxecto Documental Integrado "Con Vigo na Maleta" durante o pasado curso foron recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do concurso da Dirección Xeral de Centros
- texto da resolución http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_iv_concurso_tpp.pdf
- memoria presentada ao concurso http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/descargas/nodos/TPP/1617/36015810_TPP1617_Memoria1_1c3d59.pdf
O alcalde, Abel Caballero, visitou a nosa "semana cultural"
Neste curso 16/17 o tema común do cole foi
“Con Vigo na Maleta” para investigar sobre a emigración.
Así foi que investigamos sobre persoeiros relevantes da nosa cidade e a súa pegada ao retornar con proxectos para toda a comunidade.
Toda esta información transformámola en traballos de distintos formatos que están expostos no cole.
(CEIP Sobreira no minuto+-0,10)
Os nenos de 1º e 2º do Sobreira viaxaron na máquina do tempo a entrevistar a Policarpo Sanz. Os de 4º entrevistan a algúns avós que tamén foron emigrantes. E cun pé aquí e outro alá, escoitamos ao profe de conversa de inglés do IES Sobreira. Ademáis, os mais cativiños de todo trouxeron os seus pais e as súas nais para que lles leran un conto durante a Feira do Libro.
Cada mes, un novo capítulo deste "Espazo Escolar" achegará as novas dos coles de Valadares aos veciños a través das ondas!!
(CEIP Sobreira no minuto+-26,00)
capítulo 3 do "Espazo Escolar" Neste programa escoitamos as creacións literarias en forma de poesía dos obradoiros avanzados de lingua, coñecemos mais persoaxes vigueses na emigración (Sanjurjo Badía) e tamén como é vivir en Vigo para un auxiliar de conversa en inglés. Saberemos como foi o Entroido e recibiremos a visita do "Lobo feroz".
Cada mes, un novo capítulo deste "Espazo Escolar" achegará as novas dos coles de Valadares aos veciños a través das ondas!!
(CEIP Sobreira no minuto+-16,00)
Neste capítulo 2 do "Espazo Escolar" Nesta fiestra ao mundo dos mais cativos, entramos no obradoiro de cociña do Colexio Ándersen e coñecemos o proxecto sobre a emigración "Con Vigo na maleta" do CEIP Sobreira.
Ademáis, os nenos da ludoteca do Centro Veciñal xogaron a ser xornalistas coa escritora xuvenil Ledicia Costas. Todo isto acompañado polos Fíos do Querer da Cooperativa Miudiño.
Comezamos unha nova aventura, unha nova experiencia de aprendizaxe... imos facer radio!!
Participaremos na radio do CVC de Valadares: colaborando no programa especial escolar mensual, xunto con outros 5 centros da parroquia, para artellar unha hora mensual de programación.
E, tamén, participaremos no seu informativo semanal aportando reseñas breves coas novas e sucesos máis salientables que acontezan no CEIP Sobreira!!
Seguídenos nesta nova andaina!!
O proxecto da Biblioteca do noso Colexio,
e tamén do IES Valadares, resultaron seleccionados para incorporarse ao PLAMBE (PLAn de Mellora das Bibliotecas Escolares)
Isto é un pequeno resumo que fixo o CEIP LEIRADO, conxuntamente co CEIP SOBREIRA VALADARES, das actividades e experiencia dos catro días de Culleredo aprendendo e divertíndonos coa Biblioteca de fondo.
PREME NA ICONA DO RADIO OU NO LINK DE ABAIXO PARA VELO ENLACE PUBLICADO POLA ESCOLA DE LEIRADO EN SALVATERRA DE MIÑO.
http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2016/06/xornadas-de-convivencia-...