« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Pais/Nais

 Taboleiro ANPA
 menú marzo 2017
 
 
 
Taboleiro ANPA 

 

Iniciar sesión

Actividades Complementarias

Conmemoracións

 

Conmemoracións. Durante o curso escolar celebraranse as seguintes conmemoracións:

 

– 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 1 ao 11 de decembro: conmemoración da Constitución e do Estatuto de

autonomía de Galicia.

– 10 de decembro: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 30 de xaneiro: Día da Paz.

– 8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora.

– 15 de marzo: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 11 ao 15 de marzo: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase

na aula con xornais.

– Entre o 12 e o 30 de abril: Día do Libro.

– 7 de abril: Día Mundial da Saúde.

– 9 de maio: Día de Europa.

– Do 9 ao 17 de maio: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño: Día Mundial do Ambiente.

 

Nestas datas organizaranse actividades para salientar a importancia das

referidas conmemoracións.

Dalle Valor ao Peixe

Aprender a mercar o peixe máis fresco escollendo peixes de tempada e capturados preto da costa para contribuír á protección do medio!! 

Graffitis e Museo do Mar 1º e 2º

O alumnado de 1º e 2º tiveron unha saída para ver os Graffitis en Bouzas e visitar o Museo do Mar.

Día Mundial do Medio Ambiente plantando sobreiras

Resultado de imagen de dia medioambiente

Hoxe conmemoramos esta data "Día Mundial do Medio Ambiente" plantando dúas sobreiras.

Estas árbores ficarán no cole para encher o sitio da árbore que perdimos na última tormenta. 

Quen sabe que bonitos debuxos e traballos colgarán algún día en taboleiros feitos coa súa cortiza!!!

 

Villa romana de Toralla e Museo do Mar

Visitamos a villa romana de Toralla e estivemos moi atentos ás explicacións dos arqueólogosQuedamos fascinados coa nosa Historia!!!

 

 

Despois, no museo do mar, fixemos unha preciosa "inmersión" na nosa Ría.

Aprendendo no camión de bombeiros

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoEsta mañá tivemos un profe moi especial!! Achegouse á Sobreira un bombeiro para explicarnos o seu traballo e amosarnos todas as ferramentas que teñen de axuda na súa labor.

Alfabetización medioambiental: RRR (Reduce - Reutiliza - Recicla)

  Con esta actividade queremos unirnos á proposta do Earth Day Network  para celebrar o Día da Terra (22 abril).

Nesta edición a campaña  denomínase "Alfabetización medioambiental e climática" 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoO alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria tivemos un taller para seguir aprendendo a Reciclar!!!! 

Practicamos como separar os residuos para poder aplicar o triple R (Reduce, Reutiliza, Recicla)

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Dinoseto e Dinosetiño entregaron a cada nena e neno unha bolsa chea de agasallos!!!

Día do Libro 2017

Para conmemorar o Día do Libro, animámosvos a disfrutar desta curtametraxe que amosa a maxia e o poder dos libros e da lectura.

Podedes visitar a Leoteca nas tardes dos luns, mércores, xoves e venres en horario de 16:00 a 18:00h

Felices Lecturas!!!

3º e 4º

Xa temos plan para unha tarde!!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Estivemos na biblio e na ludoteca do Centro Veciñal e Cultural de Valadares.

As súas responsables, Ariadna e Iria, deseñaron actividades para explicarnos as súas normas e amosarnos as posibilidades das súas instalacións.

Quedamos convidados para ir cando queiramos!!RisaRisa