« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Pais/Nais

Iniciar sesión

Actividades Complementarias

Festa Despedida curso 2013-14

 

Nesta xornada de despedida do curso 2013-14, pasámolo en grande na festa organizada pola ANPA, moitísimas grazas pola vosa colaboración e implicación neste curso escolar.

Enlace á gelería de fotos

Compartimos unha gran merendola e agasallámonos abrazos e bicos para desexarnos un moi FELIZ VERÁN!!!Guay

6th Degree Graduation Walking March

19/06/2014 11:00
Europe/Madrid

Ás 11,00h celebraremos un acto de despedida do alumnado de 6º curso de Educación Primaria e de 6º de Educación Infantil ao que están convidadas as familias.

XORNADA CONVIVENCIA DE FIN DE CURSO NA PRAIA

18/06/2014 09:15
18/06/2014 17:30
Europe/Madrid

Camiña con nós pola Igualdade

03/06/2014 10:30
Europe/Madrid
“ CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE” é un proxecto que se enmarca no Plan Integral de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Vigo. Dirixido ao alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.

A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

 

Coeducación!!

Simulacro de Evacuación

02/06/2014 11:45
Europe/Madrid

Hoxe realizamos o simulacro de evacuación do Centro.
En 2 minutos 9 segundos alumnado e todo o personal abandonamos as instalacións co apoio loxístico e a rápida intervención do Grupo Operativo de Apoio (GOA) da policía Local de Vigo.
Unha vez finalizado o simulacro o alumnado de E. Infantil e Primaria tivo a oportunidade de ver o parque móvil e falar directamente con eles sobre a importancia do seu traballo.

Ríos que Falan - 4º EP

13/05/2014 10:34
Europe/Madrid

Actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Este obradoiro conmemora o Día da Ciencia, que este ano está dedicado á relación entre ciencia e arte, combinando ambas as dúas disciplinas.

Con elementos básicos na creación plástica como plastilina, cartolinas, papeis de diferentes tipos e cores... e materiais de uso cotián que reutilizaremos de xeito creativo, as rapazas e rapaces , traballando en grupo, recrearán un río moi especia... un río que fala. Que nos conta sobre os animais que o habitan, a flora que lle dá vida, a súa morfoloxía... Tamén nos falará da cultura e do patrimonio que o conforma: muíños, presas, achafondos, contos e lendas...

Teatro "TROGLODITAS" 3º e 4º

09/05/2014 09:55
Europe/Madrid

Da man dos títeres de "Tanxarina", os trogloditas convidan ao público a entrar no primeiro teatro da Prehistoria cun cómico espectáculo toliño cheo de humor.