♪♩♫ MÚSICA na CASA ♫ ♩

Coidádevos moito, seguide as indicacións que cheguen das Administracións e quedade tranquilos na casa.

->Para traballar as vosas destrezas rítmicas, bailade unha das vosas cancións favoritas unha vez ao día. 
->Para mellorar as vosas habilidades entoando, cantade unha canción que vos guste ao día. 
->Con respecto ás vosas capacidades auditivas, escoitade moita música. 
->Tocade moito a frauta e o voso instrumento da banda, xa que tocar engloba lectura, audición e entoación.  

Espero que sigades con ánimo e forzas. Eu confío en que sodes quen de superar isto!! As nenas e nenos da Sobreira sodes SÚPER!!

♪♩♫ RITMOS CUN VASO ♫ ♩

Aquí tedes un reto♪♩♫ FACER RITMOS CUN VASO!

da man do grupo "West Side Bones", cuarteto de Monterroso que fan versións de country/folk americano.

(clica vídeo)

Os maios ♪♩♫

Os nenos e as flores son os protagonistas desta festa. Eles son os encargados de compoñer as cantigas ou rimas. As letras poden ser en tono de broma ou chiste, e sobre todo falan das cousas que pasaron durante ese ano.

ABRAHAM CUPEIRO-constrúe unha frauta cunha cana de plástico

 ABRAHAM CUPEIRO: Trompetista de formación clásica, tamén forma parte de grupos de folk, jazz, música antiga.

Construtor e multiinstrumentista, recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles. 

Podedes pasar pola súa web, ou polo seu Facebook, sempre con videos impresionantes. 

Aquí unha mostra: como construirse unha frauta con canas de plástico.

A tocar!!!!!

úLTIMA semana de #músicaviral

 Se queres participar so tes que seguir o hastag #musicaviral a diario e atopar a partitura para tocar ás sete da tarde.

Engadiuse un "plus". Tras cada peza tocaremos "Resistiré (partitura aquí)", canción do Dúo Dinámico RisaRisa

  #músicaviral  (partituras aquí)  

COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical) propón a todos os que sabemos tocar un instrumento, ou cantar que, nestes momentos difíciles, ás 19h toquemos na ventá ou balcón a partitura que será proposta para cada día co hastag #musicaviral

Oímonos ás 19h.!

A tocar!!!!!

Quen Toca...Seu Mal Espanta!!!

Se te animas a tocar, aquí tes unha das cancións que máis se escoitan neste confinamento: "RESISTIRÉ". Esta partitura está a dúas voces (a segunda é o renglón de abaixo que comeza máis tarde) 

Para practicar podes baixar a velocidade do vídeo ata que consigas tocar toda a canción en tres pasos:

-1º Clica na icona da roda "configuración" do vídeo.

-2º Clica "velocidade de reprodución"

-3º Escolle reducir a velocidade a 0,75 ou 0,5

 Ánimo, oímonos nos balcóns!!!  

A tocar!!!!!

Os oficios non teñen masculino, non teñen feminino

Para conmemorar o 8M estamos a traballar co proxecto "Depende de los 2" premiado polo Ministerio de educación en 2.018

Clicade nas imaxes para visitar o video e outros recursos!!

      

 

A bailar!!!!!

Quen Canta...Seu Mal Espanta!!!

Se te animas a cantar, (ou a dar o canteGuiño) aquí tes unha canción titulada “Ou Iso ou Aquilo”  do cd “Alegría” da editorial Galaxia. Pon atención porque trata o tema do proxecto do noso cole deste curso 2.019/20: “De Artes e Oficios”. Á volta podemos gravar un video todos xuntos!! de xeito semellante á gravación do curso pasado de “Sing For The Climate”

A Cantar!!!!!

Benvidos á Aula de Educación Musical

  A Educación Artística supón educar pola arte. 

 

(♩ Pequeniño é - cd Pelo Gato 24)

 

 

Todos diferentes, todos iguais

Reflexionando sobre a inclusión estamos a traballar con esta preciosa SceneMob da asociación ECOM, rodada por 300 persoas traballando pola igualdade.

 

Percibir a diversidade como un desafío e unha oportunidade para enriquecer o entorno de aprendizaxe e xerar actitudes de normalización, visibilización e trato igualitario en relación coa diversidade.

Romaría das Letras Galegas

Preparando a conmemoración do Día das Letras Galegas, o luns 21 celebraremos a II Romaría da Sobreira compartindo unha merenda e concerto didáctico de música tradicional a ritmo de rumba!!!

 

 

 Rumba das árbores

 

 Rumba peixeira

 

          

♫ ♪♩♫ 5º e 6º concerto do pergamiño Vindel ata a música popular

 

Grandioso concerto da man dos profes da escola municipal de música folk e tradicional.

 

Coñecimos a importancia da música e os textos do pergamiño Vindel e participamos da animada interpretación colectiva

♫ ♪♩♫ le-ro le-ro le-ro

 

Derradeiros días do Pergamiño Vindel en Vigo!!!

Derradeiros días para visitar este tesouro.  Museo do Mar de Vigo ata este domingo 4 de marzo.

 

Escoitando a Rosalía de Castro

♫ ♪ ♫ ♪♩♫ Na aula de Educación Musical conmemoraremos esta data, Día de Rosalía de Castro, traballando textos de Rosalía.

 

Imos estudar como os mesmos poemas e textos poden ser musicados en distintas versións e estilos musicais  ♪♩♫

  

Centrámonos no cantar "Adios ríos, adios fontes"

versión clásica de Amancio Prada

 

a partitura de Amancio Prada interpretada por Lucía Pérez

 

 

-> a versión rap de Aid

Taller de música electrónica

 Neste obradoiro producimos sons electrónicos con materiais de refugallo.

Practicando con recursos artísticos e científicos experimentamos coa frecuencia, vibración, ritmos...

Ata compoñer as nosas creacións musicais!!

(escoitade no video)

Santa Icía 2016

   Este curso "Con Vigo na Maleta" por santa Icía imos bailar danzas dos países que recibían aos emigrantes.

E para representar o momento de volver á casa, de volver estar coa familia, imos interpretar xuntos o canto de cego:

♫ ♪ ♩ Dame un biquiño

damo por favor

que veño de lonxe

damo meu amor ♫  ♩

Concerto "Música para a Tolerancia"

Una foto de FlickrOs mestres da  Escola Municipal de Música de Vigo, coa colaboración do departamento de educación do Concello de Vigo, realizaron este concerto didáctico para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
Foi un éxito total. Todos desfrutamos e participamos activamente no mesmo.Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Ao saír do concerto tivemos uns minutos de lecer que gozamos no parque infantil, de xogos ata 14 anos, da Praza do Rei

Canta Bichería, ♫ ♩ canta!!!

Dende a aula de educación musical imos participar no Salón do Libro de Pontevedra cun "franelograma" moi particular...

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

As cabezas das distintas figuras (redonda, branca, negra e corcheas) son animais e a súa "lingua", de modo que esta bichería canta moito!!

Cada alumna e alumno escolleu un animal deste libro que foi o xerme e inspiración para este canto moi animado!!!Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Esperamos que todas as nenas e nenos que visiten o Salón en Pontevedra o pasen en grande cos libros do noso "stand"SorrisoSorriso

♪ ♩ Cantos Animais ♫ ♩

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoEste venres 15 de xaneiro tivemos a honra de recibir a unha recoñecida pedagoga musical: Susa Herrera.


O equipo de mestres sentímonos moi agradecidos de que fixera posible esta visita para que o alumnado de educación infantil, 1º e 2º de educación Primaria gozase cos temas do seu Libro-disco no que a través de cada canción e cada animal presenta, tamén, distintos estilos musicais. 

 

 

Moitísimas grazas, Susa

e ata pronto!!!

Presentación do "Libro-Cd"

02/10/2015 20:00
Europe/Paris

Nova aula

Neste presente curso 2015-16 acomodouse unha nova aula de música por mor da rehabilitación da "veciña" aula de psicomotricidade. De modo que...

estamos de estrea!! SorrisoSorriso

 

Odaiko Percusión - "Invención"

12/03/2015 12:00
Atlantic/Bermuda

		    «Invención», en Vigo<br />

Nun contexto histórico que parte do sXVIII ata a actualidade, Odaiko fai un repaso das grandes invencións do ser humano. Dende J. S. Bach, ata o plástico para chegar á conclusión de que o pasado recóllese no futuro.