A Sobreira Faladeira

Ola, son a sobreira do CEIP Plurilingüe Sobreira. Curioso, non si?

 Pensade un pouco na miña vida. Soportando frío e calor, mirando caer as miñas follas, escoitando ao merlo (e outros) chía que te chía da mañán á noite... Ben, en dúas palabras: ESTOU ABORRECIDA! Moito, pero moito, moito. Tanto que tiven unha idea para distraerme un chisco: xogar con vós!, mola ou non mola?

(♩ Os Xogos  -Migallas - cd Canta Connosco!)

DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A XELA ARIAS

Xela Arias

¡Bos días! 

Convidámosvos a remexer nos diferentes recursos e xogos dedicados a gran escritora e poetisa Xela Arias.

LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS

Unha serie de carteis que  explican a vida e obra de Xela Arias e que destacan pola súa orixinalidade, creatividade e a diversidade das técnicas empregadas.

 

Estes carteis foron feitos polo alumnado do CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro, de Redondela.

Día Rosalía

 

Organizamos actividades polo Día de Rosalía.

            Este curso, de aulas burbulla, xuntamos os carteis que cada titoría elaborou da súa investigación sobre Rosalía de Castro nun corredor. Organizamos quendas, para poder visitar a exposición por grupos e todos os nenos e profes foron agasallados cun poema.

Ledicia Costas saúda ao cole Sobreira

 Este curso o “Itinerario lector” do colexio quería centrarse nas figuras da escritora Ledicia Costas e o ilustrador, dos seus libros, Víctor Rivas. Por iso, 

no segundo trimestre, estabamos a ler os seus libros. No mes de abril teríamos recibido a súa visita, para charlar un tempo e firmarnos os libros. Pero nestas circunstancias tan especiais quere mandarnos este saúdo.

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Nenos e nenas, hai un misterio por resolver e está relacionado coa casa de RICARDO CARVALHO CALERO. Seredes quen de resolvelo? Rétovos!!! 

 

Pinchade no seguinte enlace e adentrádevos no misterio: 

 

Letras galegas

 

Na anterior proposta xa estivemos a coñecer máis de Ricardo Carvalho Calero. Hoxe achegámosvos materiais para imprimir e para xogar online para seguir investigando a súa obra. No Seminario Galán divídeno por idades, pero xa sabedes que é orientativo, poden facer os de menor idade e, algúns, incluso os de maior idade. Nelas atoparedes unha parte común, seguida de recursos específicos en cada bloque que irán aumentando de dificultade.

 

Letras galegas

 

 

Esta semana conmemórase o Día das Letras Galegas. Este ano adícase a Ricardo Carvalho Calero; escritor, filólogo e lingüísta cunha extensa obra de poesía, novela e teatro. Para coñecelo un pouco máis, esta semana deixaremos varias propostas.

 

Hoxe coñeceremos a vida e obra do autor: 

 

#DígochoEu

 Parabéns a Esther Estévez Casado por este gran proxecto que é o #DígochoEu  Breves videos da CRTVG  para aprender  a nosa Lingua.

ESCOLMA DE CAPÍTULOS:

-> TE E CHECOLOCACIÓN PRONOMESPALABRAS CULTAS CON N.  ADEMAIS SEN ACENTO GRÁFICO ACENTO GRÁFICO NON TIL

-> CORONAVIRUS:  PARTES DO CORPO VACINA E XIRINGAENFERMERÍA

Podedes "saborear" TODOS estes petiscos da Lingua na súa canle:

enlace á web do programa

Proxecto Orella Pendella - de Migallas

 Que é Orella Pendella?

Este proxecto quere difundir a literatura popular infantil de Galicia. Recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais dos nosos avós para que sigan sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

III Romaría das Letras Galegas na Sobreira

Para conmemorar o Día das Letras Galegas organizamos distintas actividades en varias xornadas nos próximos días:

- O día 9 temos un contacontos

- O luns 13 celebramos a III Romaría das Letras Galegas da Sobreira

- O mércores 15, na sesión de lectura, as mestras lerán lendas e romances de tradición.

- O xoves 16, todos reunidos no salón de actos, o alumnado de 6º fará lecturas de Antonio Fraguas e un percorrido pola súa biografía. Despois visionaremos unha entrevista súa en video e despediremos o acto cantando o Himno de Galicia.

Moitas grazas!!