Letras Galegas - O Bigote de Mimí e XOGUETES NATURAIS

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPara coñecer a obra de Manuel María Fernández, homenaxeado nas Letras Galegas 2016, tivemos a representación teatral de 

"O Bigote de Mimí" para todo o alumnado.

 

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Tamén un obradoiro de "Xoguetes Naturais" a cargo de Xosé López González e

José M. García Fernández

 

EDLG (Equipo mestras Dinamización da Lingua Galega)

Letras Galegas - CHANZOS CON POESÍA!!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoEnchimos os chanzos do Cole con poemas de Manuel María Fernández Teixeiro, homenaxeado das Letras Galegas 2016.

Todo o alumnado escribíu versos e fixeron traballos de "ARTS" para que agora os nosos pasos teñan ritmo e rima!!!!

Letras Galegas 2016

Estimadas familias,
co gallo da celebración das Letras Galegas, seguimos co tema anual do cole: "Vivo Vigo con Leo"
e pedimos a vosa colaboración para elaborar unha exposición con fotos antigas
nas que apareza algún lugar de Vigo, ou representación dalgunha festa ou xogo popular daquela época.

Maleta de Emocións

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

A biblioteca do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Vigo pon á disposición dos centros unha nova maleta viaxeira:

Emocións para Infantil

Durante 15 días gozamos destes libros e navegamos nas nosas emocións!!Risa

Gústanos o Galego!! Día do Libro

Estimadas familias, o Equipo de mestras pola  Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos pedir a vosa colaboración para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 abril).

Esta vez gustaríanos que os nenos e nenas, coa vosa axuda, fixeran un debuxo do conto ou libro, EN GALEGO, que máis lles guste.

 Poden decorar a ficha (que quedará coas instrucións por dentro), escribir o título, autor... e despois recortar. 

Colgaremos todos os libros facendo un camiño ata a LEOTECA, para chegar todos xuntos á mesma idea:

GÚSTANOS O GALEGO!!!

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

Camiño da Lingua

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoOs alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria gozaron do obradoiro Camiño da Lingua

Probas lingüísticas, culturais, adiviñas, trabalinguas e xogos didácticos, sobre a nosa lingua e sobre a nosa cidade.

Pasámolo xenial aprendendo un montón!!

Conta Contos - Mai Lúa ♪ ♩

 20160314_122711.jpg

Unha viaxe a través da imaxinación e a sensibilidade dos contos presentados con instrumentos daquí e de lonxe...

 

 

 

Mai Lúa, unha actividade do Servizo de 

Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

DÍA de ROSALÍA 2016

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Postais e 

caraveis

polo Día de Rosalía 

 ♪♩♫ Celebramos esta data uníndonos á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) de preparar unha postal para as familias 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Día de Rosalía 2016 CEIP Sobreira-Valadares 

Recompilamos datos da súa biografía e recitamos "Alborada"

 

♫ ♪ ♫ traballamos textos de Rosalía musicados por Uxía e os Quempallou   ♪♩♫ 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

E para despedirnos levamos unha flor de agasallo e escribimos o noso nome na singular Rosalía.

Campaña Impórtanos - Concello de Vigo

Impórtanos
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas…

 

Sacos aromáticos - 3º EP

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoSacos Aromáticos, unha actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

 

 

 

DOBRAXE NA ESCOLA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

 É unha actividade lúdico educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo da dobraxe.

Primeiro, utilizando monicreques, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fan un xogo dramático moi divertido no que nos mostran todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe.

Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral, preséntalles os personaxes do “mini capítulo” que “o propio alumnado” vai dobrar, sorprendéndose con exóticas versións orixinais, en idiomas que probablemente xamáis escoitaran.

Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes.

-”Probámolo e experimentámolo todos...? Ben. Agora... Quen quere saír?

Xa temos os/as dobradores/as. // Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... // Silencio! Imos gravar! // Gravamos... e, moi sorprendidos/as, escoitamos o resultado.

logo Vivo en Galego - SNL Vigo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo 

Científicas - Semana das Letras

CO GALLO DAS LETRAS GALEGASO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PROPUSO FACER UN CARTEL CO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE UNHA CIENTÍFICA
   
 
 
ESTES SON OS TRABALLOS DOS COMPAÑEIROS DO COLE SOBRE:

JANE GODALL       JOCELYN BELL
Emmy Noether   ADA BYRON
MARIE CURE   ROSALIND FRANKLIN
SOPHIE GERMAIN 

"Son San" Educ. Infantil

05/02/2015 22:21
Europe/Madrid

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida a Educación Infantil

É un espectáculo, de Raquel Queizás, de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico.

A través do recorrido de Xan, as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable. Tamén reforzarán os seus coñecementos sobre as partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene. Por último, non esqueceremos o necesario que é facer exercicio e estar en forma.
Eu estou san, SON SAN, e ti?