"Son San" Educ. Infantil

05/02/2015 22:21
Europe/Madrid

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida a Educación Infantil

É un espectáculo, de Raquel Queizás, de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico.

A través do recorrido de Xan, as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable. Tamén reforzarán os seus coñecementos sobre as partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene. Por último, non esqueceremos o necesario que é facer exercicio e estar en forma.
Eu estou san, SON SAN, e ti?

- Obradoiro ciencias: "Bosques que falan"

27/11/2014 00:17
Europe/Madrid

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego.

 

- Obradoiro ciencias: Bosques que falan"

Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos

18/11/2014 12:01
Europe/Madrid

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego.

 

- Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos
 
A través da exposición de dez plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
No obradoiro, o alumnado realizará sacos de olor con diferentes herbas e un pequeno caderno aromático.

OBRADOIRO DE PLASTILINA 5 ANOS

10/11/2014 12:00
Europe/Madrid

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego.

- Obradoiro ciencias: Obradoiro de plastilina

Con produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios) elaborarán un produto natural, semellante a plastilina, co que moldearán o que desexen, que logo poderán levar para casa.

Trabállase a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren.
Desde a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...).
 

Taller Pasta de Dentes

05/11/2014 09:35
Europe/Madrid

Tivemos un obradoiro para aprender a facer pasta de dentes. Ás 9,30 chegou a monitora cos seus trebellos para esta actividade, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Pasámolo moi ben, aprendimos un montón e levamos a nosa pasta de dentes para a casa!

Xogos Musicais

17/10/2014 22:43
Europe/Madrid

Xogos Musicais, unha actividade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

 

Topo que?... TOPÓNIMOS!!!

 

Este obradoiro do Servizo de Normalización Lingüística do Concello contén unha serie de actividades coas que se pretende que o alumnado comprenda conceptos como topónimo e toponimia, que saiban identificalos e sexan capaces de clasificalos segundo o seu significado. Farase fincapé na importancia que teñen os topónimos como localizadores e a súa dimensión como patrimonio inmaterial a conservar.

Semana das Letras Galegas

12/05/2014 12:02
16/05/2014 14:15
Europe/Madrid

SEMANA DAS LETRAS

Percussões - 1º e 2º

08/05/2014 10:24
Europe/Madrid
Percussões
É un obradoiro onde se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira e a galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e a un tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos afrobrasileiros.

A primavera xa chegou!

20/03/2014 17:57
20/03/2014 22:17
Europe/Madrid

  

♫♩♫ Mamá Cabra - cd Bicos de Música ♩♫ 


As MaiMiñas

19/03/2014 12:30
19/03/2014 13:30
Europe/Madrid

Actividade para o alumnado de Educación Infantil

ludoteca lingüística

As Maimiñas

 

“Unha viaxe polo mundo” conta a historia de como As Maimiñas  ( Lucía-Mai e Irene-Miña) deciden ir unha tarde de paseo. Sen nos decatar, chegamos a distintos países.
En cada un deles amósanse cancións e danzas típicas. Aproveitamos para nos vestir coa roupa ou complementos que caracterizan cada un dos países visitados.

Camiño da Lingua

11/03/2014 09:30
11/03/2014 11:00
Europe/Madrid

Actividade para 3º, 4º e 5º de Educación Primaria

camiño da lingua e paseniño coa lingua

CAMIÑO DA LINGUA E PASENIÑO COA LINGUA

Trátase dun xogo a xeito da oca que inclúe probas lingüísticas, culturais, xogos... onde o vínculo é a lingua galega. O obxectivo é xogar coa lingua a través de refráns, adiviñas, linguaxe de signos e asemade que xoguen aos xogos de sempre expresándose en lingua galega. Camiño da lingua está dirixido para nenos e nenas a partir dos 6 anos, mentres que Paseniño diríxese á poboación máis cativa.

♩♫CANTAMOS CONTOS♫ ♪

Na aula de 3 anos temos a visita de Trini que trae consigo o “Sombreiro Chichiriteiro”. Un sombreiro que transforma en bos contadores de historias a aqueles ousados que o poñen na cabeza.  

logo Vivo en Galego - SNL VigoEnlazando contos cantados ou contados con canción