De Artes e Oficios
Aprendendo o oficio dos XOGUETEIROS
Na aula de 6ºA de educación infantil, están cos oficios tradicionais.
Investigaron as artes e ferramentas dos XOGUETEIROS
Aprendendo o oficio dos TECELÁNS
Na aula de 6ºA de educación infantil, están cos oficios tradicionais.
Investigaron as artes e ferramentas dos TECELÁNS
Aprendendo o oficio dos OLEIROS
Na aula de 6ºA de educación infantil, están cos oficios tradicionais.
Investigaron as artes e ferramentas dos OLEIROS
Aprendendos as FERRAMENTAS de cada OFICIO
Na aula de 6ºB de educación infantil, estamos a relacionar cada oficio coas súas ferramentas identificativas.
Entroido "De ARTES e OFICIOS" na Sobreira
Un entroido De ARTES e OFICIOS!!
O entroido da Sobreira tivo moita arte cos pintores e pintoras, profesións do circo e músicos. Tamén os oficios tradicionais de oleiros, teceláns e xogueteiros. Así como os oficios no mundo do deporte, da xustiza e do voluntariado e axuda aos cidadáns.
Lettering pola PAZ
Entregamos os premios do II Concurso de Lettering pola PAZ.
As rapazas e rapaces amosaron a súa arte para escribir mensaxes de PAZ cunha elevadísima participación
Día Bibliotecas Escolares 2019
Este 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, desvelamos o Proxecto Documental Integrado para este 2019-20 , este curso vai...
DE ARTES E OFICIOS!!
Entregamos as mochilas viaxeiras a cada titoría e repasamos as imaxes que xa apareceran nas pistas das semanas previas.
Nas últimas semanas, foron aparecendo as pistas xunto ao personaxe da biblioteca “Don Preguntón”, para que o alumnado tentase adiviñar o PDI.
Proxectamos imaxes dos andeis da "Leoteca Bibliosoños", do nº9 ata a nº1 correspondéndose coa CDU xa que cada titoría investigará o tema “De Artes e Oficios” centrándose en distintos subapartados.
O alumnado foi agasallado cun punto de lectura:
Don Preguntón 2.019
Derradeira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !!
Achégate a Don Preguntón e se queres escribe nun post-it da corticeira da biblioteca cal pensas que será o Proxecto deste curso.
Saberémolo o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro)