Benvidos á Leoteca Bibliosoños

 

(♫  - Contar Un Conto - cd Tic Tac - Pablo Díaz)

III Concurso de Epitafios

<<III Concurso de epitafios>>

 

BASES

 

 

 

1. Un epitafio é unha “Inscrición nunha tumba en memoria do defunto.
     

2.participación será individual.

  

3. Premio en cada categoría: azul (1º e 2º), vermella (3º e 4º) e verde (5º e 6º).

  

4.epitafio debe ser orixinal (tes que inventalo ti, non vale copiar).Valorarase que sexa enxeñoso, pero non pode ser ofensivo nin incluír groserías.

  

5.prazo de entrega comeza o luns 26 de outubro e remata o venres 6 de novembro.

 

Podedes enviar as fotos da vosa folla de participación ao mail da nosa Leoteca bibliosoños: ceipsobreira.leoteca@gmail.com

 

Grazas por participar!!!!!

Día Bibliotecas Escolares 2020

Este curso celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, presentando as normas "con sentidiño" para a nosa Leoteca Bibliosoños e desvelando o Proxecto Documental Integrado para este 2020-21 

   

  

Derradeira pista Don Preguntón 2.020

Derradeira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !! 

3ª pista de Don Preguntón

Terceira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !! 

Ideas coas pistas de Don Preguntón

Esas cabeciñas non paran!!

Chegan moitas ideas coas pistas de Don Preguntón.

 

Se queres escribe nun "post-it virtual" cal pensas que será o Proxecto deste curso. Envía a túa idea ao mail da nosa leoteca Bibliosoños: ceipsobreira.leoteca@gmail.com

Saberémolo na celebración do Día das Bibliotecas EscolaresRisaRisa 

2ª pista Don Preguntón 2020

Segunda pista para adiviñar o tema do cole deste curso !! 

Achégate a Don Preguntón e se queres escribe nun post-it virtual cal pensas que será o Proxecto deste curso. Envía a túa idea ao mail da nosa leoteca Bibliosoños: ceipsobreira.leoteca@gmail.com

 

Saberémolo na celebración do Día das Bibliotecas EscolaresRisaRisa 

Don Preguntón 2.020

Primeira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !! 

Cartel Bibliotecas Escolares (BE) de Galicia 20/21

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021.

O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...

Ledicia Costas saúda ao cole Sobreira

 Este curso o “Itinerario lector” do colexio quería centrarse nas figuras da escritora Ledicia Costas e o ilustrador, dos seus libros, Víctor Rivas. Por iso, 

no segundo trimestre, estabamos a ler os seus libros. No mes de abril teríamos recibido a súa visita, para charlar un tempo e firmarnos os libros. Pero nestas circunstancias tan especiais quere mandarnos este saúdo.

RETO Fin de Curso -> Xuntos Conseguímolo!!

 Chega xuño e deberían chegar as "Recomendacións de Verán" de Leo León... pero nesta situación tan especial, queremos engadir ao tríptico de recomendacións un RETO PARA VÓS!

CREA UN CONTIÑO DE TÍTULOS

   

Hora de #lerNaCasa

Como estamos nestas circunstancias extraordinarias, son as mestras de Infantil as que contan contos e engaden unha proposta de actividade relacionada con esa lectura, os martes e venres:

  De que cor é un bico?: 41 (Álbumes ilustrados): Amazon.es: Bonilla ...    

   O ZAPATEIRO E OS TRASNOS    

      

       

    

KIOSKO Leoteca Bibliosoños - xuño

Recibín mensaxe dos editores do xornal "O Papagaio" e da revista "Reportero DOC" que normalmente están nos andeis do “Rincón Fedello” cando estamos no cole.

 

 Nesta situación extraordinaria, podemos ler o  xornal e revista nesta ligazón.

Voluntariado Lector #dendeCasa

Como estamos nestas circunstancias extraordinarias, os compis contan contos dende a casa e recomendan lecturas:

CONTACONTOS
 

   

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA:

   

     

    

Día do Libro 2020 #naCasa

 

 

Este curso conmemoramos o Día do Libro #NaCasa

Nestes días, abrir un libro e voar polas súas páxinas será un gran paseo. Moito ánimo familias! Unha páxina menos para chegar ao último capítulo desta situación extraordinaria.

Nenas e nenos da Sobreira, parabéns! sodes súper!

Debúxame un Conto!!!

INVENTA UN CONTO A PARTIR DUN DEBUXO DE LEANDRO LAMAS 

Durante estes días aparecen na internet numerosos agasallos. Quero aproveitar a xenerosidade do ilustrador Leandro Lamas que está a colgar no seu facebook “debuxos paso a paso”. para pedirvos que inventedes un relato a partir dun dos tres debuxos de Leandro Lamas

    

 - DEBUXO 1 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas)

- DEBUXO 2 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas)

- DEBUXO 3 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas cos pasos)

Á volta podemos facer unha gran exposición cos vosos debuxos e publicar un bonito libro cos contos que lles inventedes!!.

Espero que sigades con ánimo e forzas. Eu confío en que sodes quen de superar isto!! As nenas e nenos da Sobreira sodes SÚPER!!

Bibliotecas Escolares galegas ABERTAS NA CASA

Nestes días nos que quedamos na casa, as bibliotecas escolares galegas permanecen abertas virtualmente e continúan ofertando ao alumnado recursos e  actividades  arredor da lectura, os proxectos de traballo, AMI, ALFIN, música, Arte, creación, retos ...

21-03 Día da Poesía

Hoxe, Día da Poesía, non podemos encher os patios e corredores do cole de lecturas apadriñadas coma en cursos pasados, pero ANÍMATE Risa recita poemas coa familia, colga a túa poesía favorita na ventá ou inventa rimas disparatadas!!!

   

O Conto do Coronavirus

María Coco Hernández ven de publicar en aberto, na internet, este contiño para nenos e nenas. Saúdos e moito ánimo!!

Busca un libro

OPAC (Online Public Access Catalog)

Recomendacións

Animación á Lectura

Voluntariado

Desiderata

 

Proxectos PDI

Formación de Usuarios


Catálogo

Videos da Leoteca


Enquisas

Noticias en Bibliosoños

Novas/Xornal/Radio