Horta escolar

Xa sabemos que a horta necesita moitos coidados, e como levamos uns meses sen cole, o máis seguro é que á volta atopemos malas herbas nos bancais:

 

Recordades como fixéramos para limpar os bancais?

Aquí tendes os pasos:

Horta escolar


 

As mascotas de infantil, como quedaron no cole, están a coidar da nosa horta. 


E mentres non podemos voltar a axudalos, deixannos uns contos moi divertidos.

 

 

Se pan queredes comer, Cereais teredes que sementar!!!

 O GRUPO “A” DE 6º NIVEL DE INFANTIL E A HORTA

   Este curso, como estivemos a cociñar pan, decidimos que sería interesante plantar algún cereal.Para axudarnos estivo Jacobo, da asociación “Amigos da Terra” , e el trouxonos unhas sementes de centeo.

(clica "ler máis")

Día da Terra

 

Hoxe, día da Terra, queremos recordar a importancia e necesidade de coidar dela. Nestes tempos tan difíciles, o quedar na casa axúdanos a explicarlle ó coronavirus que non o queremos aquí, e tamén axudamos a que a Terra se recupere da contaminación e así nos axude a loitar!

Deixámosvos algunhas cancións para conmemorar este día cun sorriso:

Repasamos vocabulario da horta

Hoxe, deixámosvos unha canción tan divertida como educativa, "A horta de Balbina", de María Fumaça, editorial Sonárbore: 

 

Unha forma estupenda de repasar vocabulario das nosas hortas.

Rico rico!!

A horta cooperativa cos nen@s de 4 anos!

Nos principios da nosa horta, os rapaces de 4 anos preparamos a terra con moito coidado e quitamos as pedras e herbas pequenas.

              

Sementamos leituga e allo. Fixémolo de xeito cooperativo, en equipos de 4 :

Queremos patacas!!

Os peques de 5 anos B estiveron preparando duramente a terra para plantar patacas.

Xusto despois declarouse o estado de alerta e tivemos que quedar na casa... Esperemos que á volta poidamos desfrutar dos frutos do traballo feito.

 

Iso sí, deixamos todo moi ben regadiño!

 

O traballo na horta xa nos da a súa recompensa!

Tras un duro traballo preparendo a terra ó quitar as malas herbas, abonar, sementar e regar; por fin a horta deléitanos con verduras, leitugas e plantas aromáticas:

Cos pés na terra

Na aula de 3ºEP estamos a aprender sobre as plantas aromáticas e plantas foráneas “curiosas” polas súas características

Ollade ben esta "pata de elefante" e esta "orella de elefante"!!RisaRisa

 

Ceboliño ou cebola??

Xa florecen 

os nosos xacintos!!!  

 

(enlace á galería de fotos) 

Para comer ou para adornar????

con Isabel na horta estivemos a traballar!!! ;) 

 

BATATAS DE 1º

A mestra Dona Isabel amosounos unha "batata  ou pataca doce" que plantamos na horta escolar.

Comprobamos como medran as nosas primeiras patacas ás que lle estivemos a limpar as "herbas malas"

Ademáis levamos unha rama de lavanda para casa. Ummmm, que ben cheira!!

PATACAS DE 1º


 
 A mestra Dona Isabel amosounos unha "pataca trepadora de brasil" que plantamos no patio de infantil para que poida medrar axudada polo mallazo do muro.

Despois guiounos para sementar patacas na horta escolar.

TRABALLANDO NA HORTA

Hoxe, guiados por Dona Isabel, recollemos fabas escollendo os tirabeques que degustaremos a vindeira semana cunha saborosa receita.Canso

Tamén trasplantamos as amoras sen espiñas que comezaran sendo unha vara e agora xa teñen un bo cepellón de raíces, follas e incluso algunha floriña.



 

 

 

 

 

Por último, aproveitamos para limpar nos setos e deixar a terra preparada.Risa

BRÓCOLI

Hoxe apañamos o brócoli xa florecido. Está certificado, en calidade e sabor, polos caracois que lle andiveron comendo nas follas.

Verde que quero verde: Acelgas e brócoli

 

 

 

O alumnado de 2º plantamos acelgas e brócoli despois de que Dona Isabel preparase a terra con abono.

Patacas de 1º

 

 

 

 A mestra Dona Isabel guiounos para sementar patacas no horto escolar.