« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Educando no Monte

Pais/Nais

Iniciar sesión

PATACAS DE 1º


 
 A mestra Dona Isabel amosounos unha "pataca trepadora de brasil" que plantamos no patio de infantil para que poida medrar axudada polo mallazo do muro.

Despois guiounos para sementar patacas na horta escolar.

 

 

Estivemos ben atentos xa que eran varios traballos. Primeiro abrir o rego, e nel preparar os buratos para os trozos de pataca grelada. Colocar os trozos cos gromos cara arriba para «axudar» ás patacas. E de seguido os abonos. Orgánico (da cuadra das cabras), mineral (para ter potasio) e cinsa.