Pensa en Verde

PDI 2018-19 - Pensa en Verde

Este 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, desvelamos o Proxecto Documental Integrado para este curso 2018-19 

Nas últimas 5 semanas, foron aparecendo as pistas xunto ao personaxe da biblioteca “Don Preguntón”, para que o alumnado tentase adiviñar o PDI: “Pensa en Verde”

Your image is loading...

No Día da Biblioteca, todos reunidos, presentamos no escenario unha gran árbore para que dous representantes de cada titoría subisen ao escenario recoller unha folla de carballo que escondía unha letra no envés.

Ao xuntar todas as letras formouse o título do PDI. 

 

Por último, Leo León, entregou a mochila viaxeira de cada titoría e un marcapáxinas como agasallo deste Día da Biblioteca.

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design