Proxecto ARCO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

Laboratorio

Proxecto Climántica

Na aula laboratorio preparamos experiencias para o alumnado de todos os cursos, traballamos a concienciación co medio ambiente e o bo uso dos recursos.

 Temos o reto de ir medrando e madurando como «escola climántica». Agardamos a vosa compaña nesta nova andaina.

Experimentando 5 sentidos - 3ºEP no Laboratorio

Limóns, allos, azúcre, plumas, flores, maracas... e outros obxectos para experimetar cos 5 sentidos!!

Enerxía - muíño de aire quente

Estudando a ENERXÍA. É moi importante que todos esteamos convencidos da importancia de usar correctamente a enerxía.

As empresas, Concellos e gobernos deben tomar medidas para promover o uso de enerxías renovables!!! RisaRisa

Cambio Climático no Laboratorio

 

Estamos a estudar a enerxía. Reflexionamos sobre as distintas fontes de enerxía e queremos apostar por coidar do medio ambiente con enerxías renovables.

Preparamos no laboratorio a seguinte experiencia: reproducimos o modelo dos polos da Terra e o ascenso do nivel do mar polo seu desxeo polo cambio climático.

Resultado de imagen de pensandoCres que desbordará o recipiente que representa o Ártico (xeo sobre auga) ou o que representa o modelo continental Antártico (xeo sobre rocha)??GuiñoRisa

Onde gardas a compra? (Cociña con Ciencia)

Para seguir repasando o aprendido no taller de "Cociña con Ciencia" podedes ver o seguinte video na súa páxina de facebook

Cociña con Ciencia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este venres 25, tivemos un obradoiro con Pepe Solla e Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC compartimos unha mañá cociñando con todo o alumnado. 

Practicamos onde gardar os alimentos co taller da "compra"...e degustamos a receita dos pequenos chefs feita coas súa propias mans...eso sí, moi limpas, xa que aprendimos que para que os "microbios" non cheguen aos alimentos, temos que manipulalos coas mans limpas! 

 

Moitas grazas a Graciela, microbióloga investigadora do CSIC, por achegarnos este obradoiro!!!. 

 

Sales con xiz

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 Esta semana estamos a estudar as mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Para entender estes términos estamos a preparar unha botella con sales que tinguimos de cores con xiz.

Propiedades da Materia, con Belén

 Tivemos unha clase moi especial, da man de Belén, nai de Lidia e Martín de 3º de EP.

Descubrimos as propiedades da materia experimentando a solubilidade e achegámonos á táboa dos elementos e aos átomos.

Moitas grazas Belén pola túa colaboración.

Preparándonos para a súper Lúa do luns 14 de novembro

 

A Lúa verase máis grande e brillante do habitual, xa que coincidirán:

– a súa fase de lúa chea

– co punto máis cercano á Terra da súa órbita.

Ciencias Naturais e Sociais de 3º 2016-17, dentro do proxecto "Climántica".

Na aula-laboratorio prepararemos experiencias e traballaremos as unidades didácticas das áreas de Ciencias Naturais e Sociais do alumnado de 3º deste curso 2016-17, dentro do proxecto "Climántica".

climantica blog1

O noso reto é desenvolver as competencias clave traballando, ao tempo, a concienciación co medio ambiente, e fomentando o bo uso dos recursos.

 

Climántica (http://climantica.org/) é un proxecto de Educación Ambiental da Direción Xeral de Sostibilidade e Paisaxe en colaboración coa Consellería de Educación eOrdenación Universitaria. Este proxecto comezou en setembro de 2006, froito do traballo en equipo de catro grupos de expertos:  en didáctica, en edición gráfica, en multimedia e asesores científicos.

Aquí tendes varios enlaces a actividades na rede sobre o tema.

 

Neste enlace da ‘Junta de Castilla y León’ tes moitas actividades para xogar, ler e saber máis.

 

Queres descubrir a cara oculta da Lúa? Clica na imaxe para darlle voltas.

4º de Educ. Infantil no Laboratorio!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoTivemos unha moi especial clase no Laboratorio

Moitas grazas a Monserrat pola súa colaboración.

Infantil no Laboratorio - Resistencia eléctrica!!

SANTI, O PAPÁ DE PABLO ENSINOUNOS O QUE É A RESISTENCIA ELÉCTRICA: O GRAO DE DIFICULTADE QUE TEÑEN OS ELECTRÓNS PARA FLUIR A TRAVÉS DUN OBXECTO

PRIMEIRO MEDIMOS CUN POLÍMETRO, DESPOIS COMPROBAMOS CÓMO UNS MATERIAIS TEÑEN MOITA RESISTENCIA ELÉCTRICA: NON DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA. E OUTROS TEÑEN POUCA RESISTENCIA ELÉCTRICA: DEIXAN  PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA.

 E DESPOIS FIXEMOS UNHA RODA E A LUZ ENCENDEMOS!!! (PORQUE A TRAVÉS DE  NÓS A ELECTRICIDADE PASA)Guiño

RisaRisaMoitas grazas Santi

Infantil no Laboratorio - magnetismo!!

SILVIA, A MAMÁ DE INÉS, VIUNOS A DAR UNHA CLASE DE MAGNETISMO (O FENÓMENO POLO QUE OS OBXECTOS EXERCEN FORZAS DE ATRACCIÓN OU REPULSIÓN SOBRE OUTROS MATERIAIS).

IMÁN  NATURAL: A MAGNETITA.

OUTROS MATERIAIS PRESENTAN PORPIEDADES MAGNÉTICAS DETECTABLES. (A PROPIEDADE FUNDAMENTAL DOS IMÁNS É QUE OS ELECTÓNS ESTÁN ORDENADOS, NA OUTRA MATERIA ESTÁN DESORDENADOS.

XOGAMOS COS IMÁNS.E RESULTOU QUE NON É MAXIA, É CIENCIA!!!!!

 XOGANDO ,FIXEMOS PEQUENOS MOTORES E FIXEMOS BAILAR AOS OBXECTOS.

 

Moitas grazas SilviaRisa

CSIC - Microorganismos con Graciela e Pedro

17/04/2015 11:00
Europe/Madrid

Desenvolvimos unha fascinante xornada científica experimentando no laboratorio, aprendendo sobre os microorganismos.  

Graciela e Pedro, científicos do CSIC, achegáronse ao cole para amosarnos este gran universo seu da microbioloxía.

 

Na seguinte semana vixiamos a evolución das colonias de microorganismos nos cultivos que preparamos... espectacular pensar que todo iso estaba nas nosas mans!! ;)

 

CREACIÓN DO ALCOHOL ÉTÍLICO OU DE ALTA GRADUACIÓN

Despois da vendima, da maceración e da fermentación, recóllese o bullo con algo de alcohol inda do líquido que quedase e engádese no pote do alambique. bullo.jpg