Estimadas familias, o Equipo de mestras pola Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos pedir a vosa colaboración para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 abril).
Esta vez gustaríanos que os nenos e nenas, coa vosa axuda, fixeran un debuxo do conto ou libro, EN GALEGO, que máis lles guste.
Poden decorar a ficha (que quedará coas instrucións por dentro), escribir o título, autor... e despois recortar.
Colgaremos todos os libros facendo un camiño ata a LEOTECA, para chegar todos xuntos á mesma idea:
GÚSTANOS O GALEGO!!!
Moitas grazas pola vosa colaboración.