VISITA AO ALCAMPO E TALLER PASTA DE DENTES

 

 

Os rapaces de 2º estivemos a traballar a alimentación. Por iso visitamos o Centro comercial Alcampo.

Foi unha completa visita polas distintas seccións e departamentos. Tamén tivemos tempo a reflexionar sobre o consumo, a sostibilidade do noso planeta e, por tanto, a necesidade de reducir e reutilizar a cantidade enorme de embalaxes, así como, a necesidade de reciclar.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

(todas as fotos na galería)

 

O día seguinte, tivemos un obradoiro para aprender a facer pasta de dentes. Ás 9,30 chegou Marcelo cos seus trebellos para esta actividade organizada polo Concello. Pasámolo moi ben, aprendimos un montón e levamos a nosa pasta de dentes para a casa!