Isto é un pequeno resumo do que foi a Nosa xornada de convivencia.
http://www.thinglink.com/scene/725944781171064833
Este luns 9 de novembro celebramos o Magosto
na escola.
Xogos tradicionais e castañas
nunha xornada de convivencia co alumnado da escola unitaria de Zamáns e a súa mestra MariLuz.
Un día radiante para unha xornada de convivencia, aprendizaxes e experiencias únicas!!
Desenvolvimos unha fascinante xornada científica experimentando no laboratorio, aprendendo sobre os microorganismos.
Graciela e Pedro, científicos do CSIC, achegáronse ao cole para amosarnos este gran universo seu da microbioloxía.
Na seguinte semana vixiamos a evolución das colonias de microorganismos nos cultivos que preparamos... espectacular pensar que todo iso estaba nas nosas mans!! ;)
O luns 16, o alumnado de Educación Primaria, e o xoves 19, o alumnado de infantil, visitaremos o Salón do Libro de Pontevedra
Preparamos un "stand", con libros elaborados por todo o alumnado, para participar no
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Do 27 de febreiro ao 28 de marzo, celebraranse actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis no marco desta nova edición do Salón: "Da Ciencia á Ficción"
Da ciencia á ficción” XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, do 27 de febreiro ao 28 de marzo de 2015 .
"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción
Os alumnos do terceiro ciclo antes da entrada ao museo da exposición do viño coa denominación de orixe de Rías Baixas. Chámase o viño do mar pola súa cercanía a este e a gran influencia que supón o mar na elaboración do viño.