COMO FACER VIÑO II

viño do mar.jpg

Os alumnos do terceiro ciclo antes da entrada ao museo da exposición do viño coa denominación de orixe de Rías Baixas. Chámase o viño do mar pola súa cercanía a este e a gran influencia que supón o mar na elaboración do viño.

viño do mar 5.jpg

A gúía do museo explicounos todo o que influía na elaboración do viño Rias Baixas; dende o cultivo en parras ou espaldeiras, ata o clima e situación que afecta ao viño.

viñas.jpg

A parra protexe as uvas e resulta máis doado facer a vendimia.  As espaldaeiras deixan pasar máis luz para que maduren as uvas.

Na seguinte foto do museo puidemos ver unha parra de máis de 100 anos demostrando que dende moi antigo o cultivo do viño era de vital importancia para moitas familias e caseríos. Ademáis o viño ou a cervexa polos seus procesos de fermentación eran incluso as veces máis saudable que a propia auga.

O dito dicía que a un amigo de visita ofrecíaselle un vaso de viño e a un inimigo un de auga.

 parral.jpg