Con esta actividade queremos unirnos á proposta do Earth Day Network para celebrar o Día da Terra (22 abril).
Nesta edición a campaña denomínase "Alfabetización medioambiental e climática"
O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria tivemos un taller para seguir aprendendo a Reciclar!!!!
Practicamos como separar os residuos para poder aplicar o triple R (Reduce, Reutiliza, Recicla)
Dinoseto e Dinosetiño entregaron a cada nena e neno unha bolsa chea de agasallos!!!
Para conmemorar o Día do Libro, animámosvos a disfrutar desta curtametraxe que amosa a maxia e o poder dos libros e da lectura.
Podedes visitar a Leoteca nas tardes dos luns, mércores, xoves e venres en horario de 16:00 a 18:00h
Felices Lecturas!!!
Xa temos plan para unha tarde!!!
Estivemos na biblio e na ludoteca do Centro Veciñal e Cultural de Valadares.
As súas responsables, Ariadna e Iria, deseñaron actividades para explicarnos as súas normas e amosarnos as posibilidades das súas instalacións.
Quedamos convidados para ir cando queiramos!!
Para seguir repasando o aprendido no taller de "Cociña con Ciencia" podedes ver o seguinte video na súa páxina de facebook
Este venres 25, tivemos un obradoiro con Pepe Solla e o Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC compartimos unha mañá cociñando con todo o alumnado.
Practicamos onde gardar os alimentos co taller da "compra"...e degustamos a receita dos pequenos chefs feita coas súa propias mans...eso sí, moi limpas, xa que aprendimos que para que os "microbios" non cheguen aos alimentos, temos que manipulalos coas mans limpas!
Moitas grazas a Graciela, microbióloga investigadora do CSIC, por achegarnos este obradoiro!!!.
No presente curso, a emigración será o tema do Centro para o Proxecto Documental Integrado.