Escoitade atentamente
son o Meco Lacazán.
traballade se queredes
que eu non penso traballar
Zapateiro, zapateiro,
zapateiro remendón,
o luns virás despistado
cun zapato de cada cor
Cociñeiro, cociñeiro,
que non paras de limpar
trae un mandil o martes
para a roupa non manchar
Lavandeira vai a modo
e atende ben o tendal
trae o mércores un xersei
co de diante para atrás
Bombeira ten moito coidado
que o Meco seguro arderá
e para estar ben preparada
o xoves luvas traerás