« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Pais/Nais

 Taboleiro ANPA
 menú marzo 2017
 
 
 
Taboleiro ANPA 

 

Iniciar sesión

Dalle Valor ao Peixe

Aprender a mercar o peixe máis fresco escollendo peixes de tempada e capturados preto da costa para contribuír á protección do medio!! 

Primeiros días na aula de 3 anos!!!!

Unha gran xornada de experiencias!!!

 Coñecendo ás profes e o cole!!!!

Comezamos!!! Benvida curso 2017-18

Rapaces, familias, mestres e toda a comunidade educativa comezamos o novo curso 2017-18 xuntos no patio cuberto de primaria compartindo un breve saúdo.

 

 

Luns 11 de setembro, 9'15 h.

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017-18

 

As listas de material escolar para o vindeiro curso 2017 - 2018.

 

O/a  alumno/a que teña calquera material do citado anteriormente en bo estado, non precisará mercalo.

Todo o material deberá vir etiquetado co nome e apelidos do alumno/a.

 

NOTA: Cada alumno/a debe coidar e responsabilizarse do seu material. Cando un/a alumnno/a perda ou gaste o seu material deberá repoñelo.

Circular verán 2017

Estimadas familias, 

informarvos que na web xa están publicadas as listas de libros de texto, en setembro, ao comezo do curso, tamén estarán as listas de material de aula.

O día 21 de xullo, de 10:00h a 13:00h poderedes pasar polo Centro a recoller os vales das axudas para os libros de texto e material escolar. Publicaranse no taboleiro do colexio, e na páxina web, as listaxes dos libros que vos correspondan do Fondo Solidario que serán entregados ao alumnado ao inicio do curso 2017/18.

O claustro de profesores quere desexarvos unhas felices vacacións en familia, e comezar con "enerxías renovadas" o vindeiro 11 de setembro.

Fotos 1º e 2º curso 2017-18

 Participando no proxecto “Con Vigo na maleta” aprendimos moitas cousas sobre a cidade de Nova York .

    Tamén descubrimos que houbo un barrio de emigrantes españois en Nova York chamado Little Spain. Con todo isto fixemos a maleta de Xan e a maqueta de Central Park.

    Gústanos Nova York!

 

Estivemos “cociñando con ciencia” con Pepe Solla.

 

Chegou o Nadal e con el a nosa actuación dos trasnos do Nadal, as cartas aos Reis … Foi  moi bonita a convivencia entre as dúas clases.

 

Onde está Wally? En Londres? En París? En Nova York? …. Wally está na Sobreira! Canta ilusión nos fixo!

Os nenos de 1º e 2º aprendimos moito das nosas avoas, que nos contaron a súa experiencia na emigración.

 

Fomos á biblioteca do Centro Cultural de Valadares. Alí  recordamos  como funciona unha biblioteca escoitamos contos e participamos nun obradoiro.

No día do medio ambiente escribimos desexos para que as nosas árbores sobreiras novas poidan crecer co noso cariño e respecto. Puxémoslles nomes: "Sobre" e "Irita"!

Divertímonos moito na romaría nas Letras Galegas!

Saímos de excursión polo barrio de Bouzas para coñecer o casco histórico e os muráis rueiros da cidade de Vigo.

 

    Despois visitamos o museo do mar onde aprendimos moitas cousas sobre o tiburón Jason.

 

Que ben o pasamos na festa da escuma!!

E para rematar o curso…Todos á Praia!! Pasámolo xenial na Praia da Xunqueira en Moaña.

 

E para rematar o curso…. Fixemos un espectáculo de maxia para os nenos e nenas de 2º con carteis e moitos trucos…!

 

Celebramos os nosos cumples…

Grazas a todas as familias por colaborar tanto!!SorrisoSorriso