« Abril 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Pais/Nais

Iniciar sesión

novembro-mes da Ciencia na Biblioteca

 

Durante este mes de novembro, cada semana, aparecerá un novo reto científico na corcheira da Leoteca Bibliosoños.

O alumnado poderá cubrir unha ficha coas súas hipóteses tratando de imaxinar que pasará ao realizar o experimento.

Na seguinte semana, despois de ler as distintas solucións aportadas, poderán comprobar se acontece o que esperaban e darase unha breve explicación científica para entender os resultados.

Anímate, únete a Leo León neste mes de descubrimentos científicos!!!

martes 14 => Educación Infantil

 

 

 

 

 

 

martes 21 => 1º, 2º e 3º Educ. Primaria

martes 28 => 4º, 5º e 6º Educ. Primaria

(aula 5 anos) novembro de Ciencia

Presentación da biblio e o tema deste curso “aMAR o mar”, participamos facendo follas para a árbore de convivencia, Halloween e magosto.

  

Traballamos no laboratorio descubrindo, investigando e clasificando algas. Preparamos as algas para facer un herbario, temos que ir cambiando as follas de xornal ata conseguir secalas!!!RisaRisa

 

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!

Acto agradecemento ás familias co Rexedor Abel Caballero

 Toda a comunidade educativa agradecemos ás familias a súa actuación en defensa polo colexio no día dos terribles incendios.

Os alumnos e alumnas decoraron follas para cubrir de verde e de desexos unha grande árbore en presenza do alcalde, Abel Caballero, e ante a que recitamos uns versos.

O monte é a nosa vida

O monte é a nosa alma

Por iso queremos

Unha Galiza sen lumes

 

Unha Galiza verde!!!

HALLOWEEN 2017

                         HALLOWEEN !!!

QUEREMOS AGRADECERVOS TODO O VOSO ESFORZO, TANTO  NA PREPARACIÓN DAS CABAZAS PARA A EXPOSICIÓN COMO NA ELABORACIÓN DOS POSTRES PARA AS FESTAS NAS AULAS DE INGLÉS.

              

                           

Mochilas Viaxeiras 2017-18

 Estimados lectores e lectoras:

    A partir de hoxe tendes á vosa disposición a mochila viaxeira deste curso 2017-18 para xogar en familia.

 Quero dar as grazas ás vosas  familias por permitir que esta Mochila Viaxeira  chegue ao voso fogar. Esta é unha iniciativa da nosa “Leoteca Bibliosoños” para fomentar o gusto  pola lectura.

Día da Biblioteca (24 de outubro 2017)

Resultado de imagen de biblioteca escolar 2017 xunta

 

Este martes 24 de outubro, Día da Biblioteca, desvelaremos o Proxecto Documental Integrado para este curso 2017-18

Concentración de agradecemento ás familias

Martes 17 ás 9,45h

Mañá martes ás 9, 45h imos facer un acto conxunto co IES no monte enfronte do cole

É un acto de consolo, concienciacion e agradecemento a todos os veciños que se portaron extraordinariamente, moi preocupados porque non ardera o colexio montando garda. 

Suspendidas as clases luns 16 outubro

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/25213/centros-escolares-sen-...

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases nun total de 10 centros educativos galegos por mor dos incendios forestais e por precaución. Velaquí a lista de centros afectados segundo os datos actualizados ás 23.59 horas do domingo 15 de outubro (haberá nova actualización de información cando haxa novidades).

Concello de Baiona

IES Primeiro de Marzo
CPI de Cova Terreña
CEIP Fontes Baíña
CEP de Belesar