Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Fin de curso 5º e 6º EP 2017 |
![]() ![]() |
Fotos do 1º día. Vigo - Segovia - Madrid |
![]() |
Fotos do 2º día. Madrid-parque Warner |
![]() |
Fotos 3º día. Madrid - faunia |
Participando no proxecto “Con Vigo na maleta” aprendimos moitas cousas sobre a cidade de Nova York .
Tamén descubrimos que houbo un barrio de emigrantes españois en Nova York chamado Little Spain. Con todo isto fixemos a maleta de Xan e a maqueta de Central Park.
Estivemos “cociñando con ciencia” con Pepe Solla.
Chegou o Nadal e con el a nosa actuación dos trasnos do Nadal, as cartas aos Reis … Foi moi bonita a convivencia entre as dúas clases.
Onde está Wally? En Londres? En París? En Nova York? …. Wally está na Sobreira! Canta ilusión nos fixo!
Os nenos de 1º e 2º aprendimos moito das nosas avoas, que nos contaron a súa experiencia na emigración.
Fomos á biblioteca do Centro Cultural de Valadares. Alí recordamos como funciona unha biblioteca escoitamos contos e participamos nun obradoiro.
No día do medio ambiente escribimos desexos para que as nosas árbores sobreiras novas poidan crecer co noso cariño e respecto. Puxémoslles nomes: "Sobre" e "Irita"!
Divertímonos moito na romaría nas Letras Galegas!
Saímos de excursión polo barrio de Bouzas para coñecer o casco histórico e os muráis rueiros da cidade de Vigo.
Despois visitamos o museo do mar onde aprendimos moitas cousas sobre o tiburón Jason.
Que ben o pasamos na festa da escuma!!
E para rematar o curso…Todos á Praia!! Pasámolo xenial na Praia da Xunqueira en Moaña.
E para rematar o curso…. Fixemos un espectáculo de maxia para os nenos e nenas de 2º con carteis e moitos trucos…!
Celebramos os nosos cumples…
Grazas a todas as familias por colaborar tanto!!
Temos un niño no patio central.
Son 6 pequerrechos!!
Esperamos que todos saian adiante nestes días de tanta calor.
Con Vigo na maleta
un quiosco montamos
e a moitos nenos axudamos!!!
A asistenta social do CVC de Valadares recolleu os alimentos que mercamos.
Neste obradoiro producimos sons electrónicos con materiais de refugallo.
Practicando con recursos artísticos e científicos experimentamos coa frecuencia, vibración, ritmos...
Ata compoñer as nosas creacións musicais!!
(escoitade no video)