Proxecto ARCO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

Iniciar sesión

blogue deBiblioteca

Educando no Monte

Preparamos unha serie de actos para conmemorar o primeiro aniversario dos terribles incendios de outubro de 2017.

-Alumnado, profesorado e outro persoal da comunidade educativa de 8 coles da cidade imos reforestar unha parcela fronte o noso CEIP Sobreira-Valadares.

-Preparamos camisetas conmemorativas co "logo" do proxecto: unha árbores con copa de corazón.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Tamén preparamos un gran cartel co nome de cada un dos oito colexios de Vigo, máis outro cartel co nome dos nosos amigos do CEIP Pablo Sarasate de Móstoles. O alumnado do IES Valadares portará estes carteis diante de cada cole.

-Preparamos un cadro de agradecemento á Comunidade de Montes pola súa colaboración preparando a finca que imos plantar, por aportar as árbores e por agasallarnos con panos para todos, de cores distintas para cada cole.

Despois de plantar imos trasladarnos ao Monte dos Pozos, onde cerca de 1.500 persoas completaremos un “abrazo ao monte” que quedará inmortalizado nunha foto aérea e despois compartiremos un tempo de festa con música e xogos.

A banda sonora desta xornada será esta canción "Ven Comigo" de “María Fumaça” que aquí podedes practicar:

.

A xornada do venres 19 deixounos preciosas imaxes que os compañeiros do CEIP Rodríguez Castelao de Navia recolleron neste video

descargar video(89Mb)

20181022_175102.jpgCorta_Lumes_xornal_anuncio_Xunta.jpg

Este venres 19 de outubro ...

SOMOS CORTALUMES!!!!

 (as nosas fotos)

I Concurso Samaín

<<Concurso de epitafios>>

BASES

1. Un epitafio é : “Inscrición nunha tumba en memoria do defunto.
     
2.participación será individual.

3. Premio en cada categoría: azul (1º e 2º), vermella (3º e 4º) e verde (5º e 6º).

4.epitafio debe ser orixinal (tes que inventalo ti, non vale copiar).Valorarase que sexa enxeñoso, pero non pode ser ofensivo nin incluír groserías.

5.prazo de entrega comeza o xoves 25 de outubro e remata o mércores 31 de outubro.

Somos de Monte

20181022_175102.jpgCorta_Lumes_xornal_anuncio_Xunta.jpg

Este venres 19 de outubro ... SOMOS CORTALUMES!!!!

 (as nosas fotos)

Abrazo ao monte

Estamos a preparar unha serie de actos para conmemorar o primeiro aniversario dos terribles incendios de outubro de 2017.

Alumnado, profesorado e outro persoal da comunidade educativa de 8 coles da cidade imos reforestar unha parcela fronte o noso CEIP Sobreira-Valadares. Despois imos trasladarnos ao Monte dos Pozos, onde cerca de 1.500 persoas completaremos un “abrazo ao monte” que quedará inmortalizado nunha foto aérea e despois compartiremos un tempo de festa con música e xogos.

A banda sonora desta xornada será esta canción "Ven Comigo" de “María Fumaça” que aquí podedes practicar

.
 
Don Preguntón 2018

Your image is loading...

Derradeira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !!

Achégate a Don Preguntón e se queres escribe nun post-it da corticeira da biblioteca cal pensas que será o Proxecto deste curso.

Saberémolo o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) RisaRisa 

Reapertura da "Leoteca Bibliosoños"

Estreamos novo teito e chan!!

Tras dúas semanas pechada para poder renovar o teito e colocar un novo pavimento... 

xa podedes volver á Leoteca Bibliosoños!!!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Kayak 5º e 6º

Unha gran xornada en Bouzas!!

 Amar o mar!!!

"Poemando" con Antonio García Teijeiro

Este luns, 7 de maio, tivemos a visita do poeta Antonio García Teijeiro. Poeta galardoado polo seu libro "Poemar o Mar" e autor dos poemarios que estamos a ler este curso na sesión de lectura nas aulas de Primaria.

Todo o alumnado gozou dunha amena charla, recitados conxuntos e unha boa dose de bo humor.

Moitas grazas, Antonio, por deixar esta fermosa pegada en todos nós.

Lectura colectiva e agasallos

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Para pechar este mes de abril, mes de letras, todo o alumnado e profesorado, reunímonos no salón de usos múltiples para compartir a lectura do libro: “Lili, ladrona de libros”. Ao rematar agasallouse ao alumnado cun marcapáxinas coa imaxe da lebre do conto, Lili, personalizado xa que inclúe unha copia do carné da biblioteca.

RisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisaRisa

@s de INFANTIL de marisqueo

 Os nenos e nenas de Educación Infantil, traballaron a reo na praia de Bouzas onde foron mariscar xunto coas súas mestras da man dun grupo de expertos mariscadores.

Aprendendo a Amar o Mar...

 Pincha aquí para ver máis fotos 

Día do Libro 2018 - Libros e camelias de agasallo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoluns 23 de abril conmemoramos o día do Libro na Leoteca Bibliosoños agasallando libros e camelias

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 O alumnado de educación primaria, durante o tempo do recreo, puido escoller entre unha escolma de libros.

Semana da Poesía

Durante a semana da Poesía estiveron a compoñer 

poemas. Houbo un concurso diario no que participou, masivamente, a aula de 5º EP. Cada día na corcheira da Leoteca aparecía unha palabra obrigatoria de incluír na creación. Esta palabra sempre foi un dos verbos do marcapáxinas “Amar o mar” que fora o agasallo do día das bibliotecas en outubro.

  O venres, na “hora de ler” compartimos lecturas apadriñadas con poemas.

E xa que o 7 de maio teremos a visita do poeta Antonio García Teijeiro, cada titoría preparou un cartel para compoñer, entre todos, unha exposición afondando na súa biografía, obras e premios.

Quedan expostos no corredor da entrada. Convidamos ás familias a visitar esta mostra no horario de tarde da biblioteca (luns, mércores, xoves e venres de 16h a 18h)

(descarga aquí o tríptico da exposición) 