Proxecto ARCO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

blogue deVtornavacas

Día Poesía 2019 - Concurso "Se Te Lengua la Traba"

Celebramos o Día da Poesía con lecturas apadriñadas nos patios 

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

e co concurso Se Te Lengua la Traba

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Voluntariado Lector 2019

"Contacontos por un Día” polo alumnado voluntario de 6º de Primaria.

Este curso, todos os xoves o alumnado de 6ºEP vai ler a 1ºEP. Tamén os xoves últimos de mes, únense as rapazas e rapaces de 2º.

 

 As alumnas e alumnos agardan impacientes polos voluntarios lectores mentres van completando o seu “Pasaporte de Lecturas” cos selos que gañan en cada contacontos ao que asisten.

VII Concurso relato curto FANPA

Resultado de imaxes para VII c oncurso relato curto fanpa

Unha nova edición  do certame literario de relato curto da FANPA (Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra), está en marcha!!!

Clicade nas imaxes para ler as bases.

Animádevos a participar!!!RisaRisa

CDU ilustrada BE - formación de usuarios - Harry Potter

“E Logho ti de Quen Ves Sendo?” 

O equipo de biblioteca deseñamos unha actividade de formación de usuarios para todo o alumnado de educación primaria.

A través de varias fichas-xogos traballamos coa nova sinalización de autobuses de BE.

Formamos os equipos de aprendizaxe cooperativa que xa están funcionando nas titorías, para facer os xogos en "folio xiratorio" e "lápis ao centro". 

Os alumnos e alumnas voluntarios "leotecarios" de 6ºEP ambientaron a biblioteca con elementos de Harry Potter para estas sesións.

   

Calendario do Libro e da Lectura 2019

 A rede de Bibliotecas Públicas de Galicia preséntanos o novo calendario 2019 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura. Podedes descargar o calendario na versión pdf.

 

(A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é un conxunto organizado de bibliotecas e servizos bibliotecarios públicos de Galicia para o desenvolvemento e a planificación da oferta bibliotecaria pública, segundo o establecido na lei 5/2012 do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia).

Recomendacións da Leoteca Bibliosoños para o Nadal

Resultado de imaxes para aceboRecomendacións de contos, poesía, banda deseñada e música para este Nadal. 

Premios do III Concurso de Contos de Nadal

Na hora de lectura, entregamos os premios do Concurso de Contos de Nadal. Da gusto ver a biblioteca chea de alumnado que  participa das propostas e actividades !!!

remata Novembro mes da Ciencia na Leoteca

Remata "Novembro Mes da Ciencia" cun éxito de participación.

Todas as nenas e nenos que conseguiron facer, a lo menos, 5 experimentos -dos 9 que tivemos ao longo destas semanas- poderán recoller o seu carné de "Certificación Científica".

 

Como PREMIO poderán utilizar este carné UNHA vez no curso para levar emprestado a casa un libro da sección de investigación (estantería marrón que normalmente si poden consultar pero que non está na zona de préstamo ao alumnado)

O valor dunha árbore

Na mañá deste xoves 15 de novembro chegou ao cole un “paquete” moi especial.

 

 

 

 

(A directora, Conchi, abre o cubo ante todo o alumnado no soportal da entrada)

 

Un precioso cubo decorado con mimo e detalle, agasallo dos nosos amigos de Móstoles do CEIP Pablo Sarasate. E o interior desta coidada envoltura escondía… tres carballos!!

 

(alumnado e profesorado do CEIP Pablo Sarasate - Móstoles despedindo os carballos que enviaron á Sobreira) 

Nos próximos días, organizaremos para plantalos na parcela que ardeu frente ao noso cole, onde esperamos que estas novas árbores  teñan un gran futuro.

 

 

Novembro 2018 - mes da Ciencia na Biblioteca

  Un ano máis, as consellerías de Cultura e Educación, xunto coa  Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS.

- Durante o mes de novembro podedes achegarvos ao Rincón Fedello para enredar un anaco cos libros de Ciencia que seleccionamos nos caixóns.

- O alumnado poderá achegarse á mesa de experimentos durante os recreos  para participar nos retos científicos!!!

Os “leotecarios” entregarán unha cartilla para ir selando e completando durante todo o mes. Ao rematar novembro, se consegues completar 5 experimentos obterás a túa “certificación científica” e un premio!!!.

 

PDI 2018-19 - Pensa en Verde

Este 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, desvelamos o Proxecto Documental Integrado para este curso 2018-19 

Nas últimas 5 semanas, foron aparecendo as pistas xunto ao personaxe da biblioteca “Don Preguntón”, para que o alumnado tentase adiviñar o PDI: “Pensa en Verde”

Your image is loading...

No Día da Biblioteca, todos reunidos, presentamos no escenario unha gran árbore para que dous representantes de cada titoría subisen ao escenario recoller unha folla de carballo que escondía unha letra no envés.

Ao xuntar todas as letras formouse o título do PDI. 

 

Por último, Leo León, entregou a mochila viaxeira de cada titoría e un marcapáxinas como agasallo deste Día da Biblioteca.

Benvidos á Leoteca Bibliosoños

 

(♫  - Contar Un Conto - cd Tic Tac - Pablo Díaz)