Saltar navegación.
Inicio

2º Ciclo

Actividades e novas do interese do 2º Ciclo

AVALDIA 2011

Os vindeiros 19 e 20 de Maio terá lugar no noso centro a avaliación de Diagnnóstico 2011 para avaliar o nivel de desenvolvemento do noso alumnado en determiadas competencias básicas. Estas probas son unha das novidades da LOE, o seu cometido é prestar a cada centro unha serie de informacións que lle permitan autoavaliarse e reflexionar sobre as prácticas e procesos de aprendizaxe e que lles leve a un debate e propostas de mellora contínua no seu funcionamento a tódolos niveis.

Este ano as probas correspóndelles realizalas aos alumnos/as de 4º curso de Primaria.

As probas a realizar avaliarán as seguintes competencias básicas:

-Competencia LingÜística.

-Competencia matemática.

-Competencia para o coñecemento e interacción co medio físico.

 

Calqueira información de actualidade sobre este asunto ou outras informacións para profundizar  no seu coñecemento a atoparedes no espacio do noso Departamento de Orientación.

A aula de audiovisuais do centro "actualizase"

 

A aula de audiovisuais do terceiro piso ven de recibir interesantes melloras para o seu uso. Estas melloras consisten na istalación fixa dun proxector e unha pantalla de grandes dimensións.

Ademais disto existirá a corto prazo un equipo de DVD, ordenador portátil e un altofalante de alta fidelidade con microfonía. Con estas melloras búscase a dotación dunha aula específica e especializada na reproducción de filmes, organización de conferencias e charlas, presentacións e proxeccións multimedia, etc.

 


 

 

Actividades Matemáticas 4º Primaria

Saída do 2º Ciclo de Educación Primaria

12/02/2009 10:00
12/02/2009 17:30
Etc/GMT

Saída educativa do 12 de febreiro do 2º Ciclo de Primaria

Fai clic aquí para ver máis información

Fai clic na imaxe para ver máis información da saída

Distribuir contido