Saltar navegación.
Inicio

Ed. Infantil

Contidos, excursións, novas, actividades do interese de Ed. Infantil

Os peques de Vimianzo reciclan por natureza

Celebramos o Día Mundial da Reciclaxe.

Todo o alumnado do centro aprendeu a reciclar coa Cruz Vermella.

 

Nota de prensa Que pasa na Costa

 

DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS II

Seguimos co noso proxecto sobre a historia de Galicia. Despois de viaxar pola prehistoria no primeiro trimestre, chegamos á época dos castros e á conquista dos romanos.

Dende a biblioteca recomendamos visitar o Castro de Borneiro, a Ponte romana de Brandomil ou a Torre de Hércules.

Aquí podedes ver algunha foto das cousiñas que estivemos facendo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

         

 

TEMOS BOLSIÑAS NOVAS

O PASADO VENRES ESTREAMOS ESTAS ESTUPENDAS BOLSIÑAS PARA LEVAR OS LIBROS DE PRÉSTAMO PARA A CASA E ASÍ PROTEXELOS MELLOR. PORQUE XA SABEDES, OS LIBROS HAI QUE COIDALOS, UN LIBRO É UN AMIGO.

DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS

Dende a biblioteca proponse estudar e investigar un pouquiño sobre a historia de Galicia. Da PREHISTORIA á época dos IRMANDIÑOS.

Nun primeiro momento centrámonos na PREHISTORIA, logo pasaremos á épocaa dos castros, aos romanos, e finalmente aos Irmandiños.

Podedes ver que na entrada da biblioteca xa hai unha pequena exposición de cousiñas que fixeron algúns nenos e nenas coa axuda das profes  e das familias.

Todos podedes colaborar; buscar imaxes, información, debuxar algo, construir algo... entregádeo na biblioteca e expoñerémolo.

Ademais propoñemos algunha actividade para  que completedes, tendes unhas bandexas coas propostas e un buzón para entregalas. Por exemplo, un test histórico, explicar qué é un historiador, ou que vos imaxinedes como será Galicia no futuro. Ao longo do curso e según avancemos na  historia/o tempo, as propostas serán diferentes. Iremos recollendo esos traballos, e aos mellor feitos, mellor presentados, etc, entregaráselle algún agasallo.

Podedes apreveitar que no recreo a biblio está aberta para buscar información e pregunrtar ás profes, poderedes imprimir e pedir o material que necesitedes.

ATA PRONTO

                                                                                                                                                                                                                                   

VISITA AO ACUARIO

O PASADO MES DE MAIO OS NENOS E NENAS DE ED.INFANTIL FOMOS Á CIDADE DA CORUÑA. VISITAMOS O ACUARIO, A ESTACIÓN DE TREN E XOGAMOS EN CAMELOT.                     

          

Os inventos de Educación Infantil

Os alumnos de 5 anos de Educación Infantil, coa inestimable colaboración das súas familias, deron unha boa mostra do seu inxenio elaborando toda clase de inventos que van desde robots a avións pasando por ordeadores persoais e personalizados e vehículos impulsados por enerxía solar. Toda unha mostra do que son capaces de facer estes nenos e nenas con material de refugallo e unha boa dose de imaxinación.

Se facedes clic na foto poderedes ver o resto das imaxes relacionadas con esta pequena exposición.

OS NENOS DE VIMIANZO APRENDEN A PROTEXER O BOSQUE

O LUNS 21 CHEGOU A PRIMAVERA E FOI O DÍA DA ÁRBORE.

PARA CELEBRALO FOMOS COÑECER O DISTRITO FORESTAL.

EN VASOS DE IOGUR SEMENTAMOS SEMENTES DE PINOS, BIDUEIROS, ACIBROS E OUTRAS ÁRBORES PARA QUE COIDEMOS O SEU NACEMENTO E POSTERIOR PLANTACIÓN.

SE QUEREDES VER ALGUNHAS FOTOS PINCHA NA IMAXE

OS AXENTES, TÉCNICOS E MEMBROS DAS CUADRILLAS DEIXÁRON QUE  PROBÁRAMOS OS SEUS TRAXES, O SEU EQUIPO, E QUE SUBÍRAMOS ÁS MOTOBOMBAS.

APRENDEMOS UN MONTÓN E PASÁMOLO PIPA.

ENTROIDO

A QUE LEVAMOS UNS DRISFACES MOI CHULOS!?!?

VIVA O ENTROIDO!!!

Infantil estre a nova Pizarra Dixital Interactiva.

Esta é a nova Pizarra dixital coa cal os nenos e nenas de infantil contan dende hoxe na súa aula de usos múltiples. Esta nova pizarra está dotada con tódolos recursos de audio e vídeo, acceso a internet, etc.

Como sabedes trátase dun recurso educativo de última xeración que combina tódolas ventaxas das novas tecnoloxías volcadas no formato tradicional do encerado abrindo novos camiños á interactividade e multidimensionalidade nas aprendizaxes dos mais cativos/as.

Felicidades e a desfrutala!

AS FAMILIAS CONTACONTOS

Os contos son un material imprescindible para o proceso de aprendizaxe da lectura e da escritura, ademais de para outras moitas cousas.

Se os nenos e as nenas nos ven lendo ou léndolles a eles, quererán imitarnos. Por este motivo, as profes de infantil, convidamos ás familias a vir ao cole e contarlles un conto aquí, na súa aula. Houbo quen se animou a compartir con nós un momento tan especial.

Aqui tedes unha foto desta experiencia. Na galería podedes ver algunha máis, aínda que non todas, xa que non houbo ocasión de quitalas ou recollelas.

Foi unha experiencia moi enriquecedora. 

Aceno  Grazas pola vosa colaboración.

 

Se queres ver mais imaxes, pincha aquí.

 

 

Distribuir contido