Secretaría
PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS
Enviado por ROCÍO o Mér, 07/07/2021 - 13:26Publicadas Listaxes Provisionais de Fondolibros para Educación Primaria.
Os interesados poden consultar o expediente:
1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.
2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.
Prazo de reclamacións: As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao desta publicación.
ABERTO O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por ROCÍO o Xov, 20/05/2021 - 14:28Mañá, venres 21 de maio, ábrese o prazo para a tramitación de solicitudes para o fondolibros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria,ESO, EE e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021.
Poden consultar toda a información no arquivo adxunto.
* Nota: As rendas per cápitas superiores a 10.000 euros non serán beneficiarios da axuda para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de Ed. Primaria) e/ou material escolar, agás naqueles casos onde se acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clases pasivas.
PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por ROCÍO o Xov, 13/05/2021 - 11:38Todo o alumnado solicitante de admisión obtivo praza neste centro para o curso 2021/2022.
Poden consultar as listaxes definitivas:
- Presencialmente. Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.
- Telemáticamente. Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por ROCÍO o Lun, 05/04/2021 - 09:43Todo o alumnado solicitante de admisión obtivo praza neste centro para o curso 2021/2022.
Poden consultar as listaxes provisionais:
- Presencialmente. Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.
- Telemáticamente. Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Enviado por ROCÍO o Mér, 02/12/2020 - 12:51Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de admitidos/as de distribución de máscaras.
En canto dispoñamos das máscaras, comunicaremos ás familias o reparto das mesmas polo espazoAbalar.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Enviado por ROCÍO o Lun, 30/11/2020 - 13:45Publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de excluídos e admitidos na distribución de máscaras.
En caso de exclusión da listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.
Ceip Plurilingüe San Vicenzo, 30 de novembro de 2020
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EP, ESO E EE.
Enviado por ROCÍO o Lun, 16/11/2020 - 14:53No arquivo adxunto podedes ver as instrucións para presentar solicitudes para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes (do 16 ao 27 de novembro).
Alumnado exento de presentar solicitudes: todos aqueles alumnos e alumnas que xa tiveron neste curso cheque de material escolar. (Prema aquí)
Publicadas Listaxes Definitivas de Libros de Texto.
Enviado por ROCÍO o Mar, 14/07/2020 - 14:34Poden consultar no taboleiro de anuncios do centro as Listaxes Definitivas de Libros de Texto de Fondolibros adxudicados ao alumnado para o vindeiro curso 2020/2021 ou accedendo a Portal Xunta-Fondolibros-Cidadáns.
Publicadas Listaxes Provisionais de Libros de Texto.
Enviado por ROCÍO o Xov, 09/07/2020 - 11:42Xa poden consultar no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de libros de texto adxudicados ao alumnado para o vindeiro curso 2020/2021.
Poden consultalo tamén accedendo ao Portal Xunta-Fondolibros-Cidadáns.
Formalización de Matrícula.
Enviado por ROCÍO o Ven, 26/06/2020 - 14:13Do 1 ao 10 de xullo, estará aberto o prazo para a Formalización de Matrícula.
Poden recoller o impreso correspondente no Centro.
Horario Secretaría: luns a venres, de 10:30 á 13:00 h.