Saltar navegación.
Inicio

E NÓS... SEGUIMOS ANIMÁNDOOS

 ANIMACIÓN A LECTURA

Un curso máis contamos coa colaboración da E.Alfaguara,que tivo a ben realizar un pequeno teatro (de animación lectora) sendo os alumnos os protagonistas.

O obxectivo é sempre o mesmo: Fomentar o hábito lector; que cheguen a sentir a necesidade de ter un libro cerca.

Cada grupo ía facendo a representación do libro proposto para esa animación, a verdade é que gozaron/amos coas súas interpretacións, era marabilloso ver o metidos que estaban nos seus papeis, demostrando ademáis que se sabían o contido do libro de principio a fin.

Parabéns aos rapaces/as polo bo comportamento que sempre teñen, e como moi ben dixo a animadora "DA GUSTO VIR A VIMIANZO"

Está claro... que para crear bos lectores debemos conseguir que os alumnos disfruten lendo.

         O BO LECTOR NON NACE, FAISE.

 animaciónanimación

TRABALLO DOCUMENTAL "O CIRCO"

O CIRCO

PARTINDO DA IMPORTANCIA QUE SE LLE ESTÁ A DAR DENTRO DA "FORMACIÓN DE USUARIOS"

AO TRABALLO DOCUMENTAL,SURXIU A IDEA DE QUE UN GRUPO DE ALUMNOS DE 6º FIXESE UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE ESTE TEMA (Hª do circo).

HAI XA BASTANTES MESES QUE EMPEZARON A SÚA ANDAINA, E A VERDADE É QUE TRABALLARON SEN DESCANSO,METÉRONSE NO TEMA CON GRAN ILUSIÓN E GAÑAS DE INVESTIGAR.

NESTE MOMENTO O TRABALLO ESTÁ REMATADO, EXPOSTO AO RESTO DA COMUNIDADE ESCOLAR.

SEGÚNDO A OPINIÓN DOS PROPIOS AUTORES, FOI UNHA MAGNÍFICA EXPERIENCIA TRABALLAR EN EQUIPO, CON MOI BOS RESULTADOS E CON MOITAS GAÑAS DE SEGUIR NESTA LIÑA.

AO MESMO TEMPO QUE SE REALIZABA ESTA ACTIVIDADE,DECIDIUSE QUE O ENTROIDO DESTE CURSO ESTIVESE RELACIONADO CO MUNDO DO CIRCO. 

PROCURANDO DESTE XEITO QUE B.B. E EXTRESCOLARES TRABALLARAN CONXUNTAMENTE.

 

CIRCO

 

O burro

Hoxe o burro do Enroido chegou ao noso colexio sembrando a discordia.

Contan que algunha clase rcibiu a visita do burriño ata en mais de oito veces ao longo do día... pero como ninguén quería quedar co burro ao final do día... a viaxe do pobre animaliño foi tomando tintes dramáticos.

¿Quen quedou co burro ao final?

 

  Se queredes ver as fotos premede no burro.

 

 

Entroido no CEIP San Vicenzo

20/02/2009 10:00
Etc/GMT

 O venres 20 de febreiro celebramos a festa do Entroido
 

DEPORTE NA ESCOLA: CEIP SAN VICENZO - CEIP AREOUTA, CEIP MAR DE FORA (VIMIANZO)

10/02/2009 10:30
10/02/2009 13:00
Etc/GMT

O luns día 16 os alumnos/as de 3º B, 4º A, 5º B e 6º A, xogan contra os/as de  Fisterra.

As actividades que se realizarán son: fútbol, balon torre, baloncesto e brilé.

Esta é unha actividade dentro do programa da consellería de cultura e deporte: DEPORTE NA ESCOLA.

Boa sorte a todos/as! 

 brilé

PWP sobre o Entroido

 

  O ENTROIDO GALEGO

 

ANIMACIÓN A LECTURA (KALANDRAKA)

 Hoxe,11 de Febreiro, nenos/as de E.I. 5 anos e

 nenos/as do1º nivel de E.P gozaron dunha

magnífica sesión de contacontos, grazas a

boa disposición que sempre ten a "editorial

kalandraka". Eles: contan, cantan, tocan...

fan todo todo o posible para que os nenos

disfruten e ao mesmo tempo inculcándolles

ese amor hacia os libros.

 Pequeniños sí, pero tontos non, e xa

empezan a comprender.

 contacontos
 

Suspensión da actividade escolar

09/02/2009 10:00
09/02/2009 16:30
Etc/GMT
A Consellería de Educación suspende a actividade escolar do luns, día 9 de febreiro en toda Galicia. 
Fai clic no mapa para ver a notificación oficial

Saída do 2º Ciclo de Educación Primaria

12/02/2009 10:00
12/02/2009 17:30
Etc/GMT

Saída educativa do 12 de febreiro do 2º Ciclo de Primaria

Fai clic aquí para ver máis información

Fai clic na imaxe para ver máis información da saída

Charla informativa

06/02/2009 14:00
06/02/2009 14:30
Etc/GMT
Distribuir contido