Saltar navegación.
Inicio

Un día cheo de solidariedade

O pasado luns 30 de xaneiro tivo lugar o día mundial da Paz e da Non Violencia e os profes e alumnos/as do cole realizamos diversas actividades para celebralo.

Durante a semana pasadaos os grupos de Primaria e Infantil redactaron mensaxes de paz dentro dunhas frechiñas que polos pasillos do cole nos guiaban ata diversos poemas e ao diccionario da paz elaborado por tódolos alumnos/as do centro. Ademais, o equipo de biblioteca deunos algunhas recomendacións de obras literarias sobre a paz.

Xa o propio día da paz, pola tarde, un representante de cada curso leu unha poesía ou mensaxe con propósitos para intentar facer este mundo un pouquiño mellor. Unha vez rematadas as lecturas, todos/as (nenos/as, profes e pais e nais que se achegaron ao centro) entoamos a canción "Color Esperanza" de Diego Torres. Para finalizar a xornada tódolos alumnos/as,divididos por ciclos, participamos na "Carreira Solidaria" oraginzada polo cole a través da ONG "Save the Children", na que as vosas voltas ao patio (e as de moitos nenos e nenas de toda España) van axudar a que moitos/as rapaces da R.D. do Congo teñan acceso a unha educación básica.

Aquí vos queda unha imaxe desta xornada. Facendo clic nela teredes acceso á galería onde están o resto das fotos deste día.

Ademais, se premedes nas imaxes que van máis abaixo teredes acceso a un par de vídeos elaborados polas mestras do primeiro ciclo sobre as actividades realizadas neste día.

 

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.