2008-09, 2009-10, 2010-2011, 2011-2012
Horario 2011-2012
Horario de 1º curso de Educación Primaria.
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
9,00 |
L. Castellana |
L. Castellana |
Matemáticas |
L. Galega |
L. Galega |
9,50 |
Matemáticas |
Educación Física |
L. Galega |
Educación Física |
L. Castellana |
10,40 |
C. do Medio |
L. Galega |
C. do Medio |
Matemáticas |
Matemáticas |
11,30 |
RECREO |
||||
12,00 |
Plan Lector |
Plan Lector |
Plan Lector |
Plan Lector |
Plan Lector |
12,20 |
Inglés |
Matemáticas |
Relixión / At. ed. |
L. Castellana |
C. do Medio |
13,10 |
Música |
C. do Medio |
Inglés |
C. do Medio |
Plástica |
PROGRAMA SEMENTE
Os alumnos/as de 4º de primaria están a participar no programa SEMENTE, unha iniciativa do Concello que busca fomentar o espíritu emprendedor dos rapaces. Para elo formaron unha cooperativa chamada "Os Super Construtores do Sal Lence" na que están a elaborar distintos produtos: cadros dixitais, xogos de tres en raia, marcapáxinas, imáns xoaniñas, familias de lazos e sales de cores. Unha vez obtida a licenza, venderán os produtos nun mercadillo que se celebrará o día 30 de abril no Obelisco. Parte dos beneficios obtidos destinaranse a CÁRITAS dos Castros.
Sara e María, preparando sales de cores | Os rapaces facendo un cadro dixital |
O concelleiro de Promoción Económica, Henrique Tello, recibiu no Concello un cento dos 390 participantes do Programa Semente.Representando a clase de 4º do Sal Lence acudiron: Brais, Jennifer, Iria, Nicolás e Sara. |
XADREZ
O xoves, 24 de marzo realizamos, para os alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria, unha actividade de introdución ao xadrez, dirixida por técnicos da Federación Galega de Xadrez, na que a través de xogos puideron coñecer e gozar desta modalidade deportiva. |
MACUF
MACUF
O mércores 2 de marzo, a clase de 2º de Educación Primaria visitou o MACUF.
Neste museo vimos a exposición "Frecuencias" de Eugènia Balcells.
A visita foi dirixida por Carmen, que nos explicou que á autora Eugènia Balcells lle gustaba traballar coas cores do arco da vella.
Na primeira sala vimos unha proxección de códigos de barras de cores, que representan ós distintos elementos da natureza.
Na segunda sala vimos unha pantalla especial, que xiraba e na que se proxectaban imaxes en bandas que se desplazaban.
Na terceira vimos a proxección dun laberinto vexetal sobre outra pantalla especial.
Despois participamos nun obradoiro no que, coas fotos da nosa roupa, compuxemos un Sistema Solar, no que cada unha das pequenas pezas forman parte de algo moito máis grande, igual ca nos, que entre todos formamos unha clase.
Teatro no Fórum
Rosalía, a pulga que escribía.
O venres 18 de febreiro de 2011 o 1º ciclo de Educación Primaria fomos ao Forum Metropolitano a ver a obra de teatro "Rosalía a pulga que escribía".
Foi unha obra con marionetas, na que dous narradores, Raquel e Rogelio nos contaban a historia de Rosalía e dos seus amigos.
Foi moi bonita e nós participamos nela.
Así foi como a vimos:
CLASE DE E.F. CO COLEXIO Ntra. Sra. de LOURDES
O xoves, 3 de marzo a clase de sexto recibiu a visita dunha clase do colexio Ntra. Sra. de Lourdes, cos que compartimos unha sesión de educación física. Fixemos actividades de baloncesto e pasámolo moi ben. Nos próximos meses volveremos a repetir a experiencia con outras clases do mesmo cole. |
|
Para ver as fotos da sesión preme aquí.
VISITA DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E DA PRESIDENTA DA FUNDACIÓN PAIDEIA
AULA DE IDIOMAS |
AULA ABALAR |
O venres, 18 de febreiro estiveron no colexio o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad e a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera, que xunto á xefa territorial de Educación María Teresa Fernández Villaverde e o Equipo Directivo, visitaron as instalacións do centro. Entre estas destaca a aula destinada ao aprendizaxe de idiomas, inagurada este ano, que conta con vinte e seis postos de ordenador e que foi financiada pola Fundación Paideia coa colaboración da Consellería de Educación. O centro conta tamén cun aula destinada ao proxecto Abalar que comezou este curso. Para ver as fotos preme aquí. |
DÍA DA PAZ
O día da PAZ foi o 30 de xaneiro pero nós celebrámolo o venres, día 28. Gustaríanos que o festival para os vindeiros anos fora máis longo. Os de sexto bailaron ben, aínda que lles faltou ensaiar algo máis. O grupo de alumnas de 5º que interpretaron "Adiante" fixérono moi ben. O planisferio do mundo era moi bonito. Colocouse no chan e todolos cursos ían pegando as diferentes razas e animais de cada continente. Por riba de todo, pasámolo "xenial". María Rodríguez, María Iglesias, Emma e Ariana (5º nivel)
Tedes máis fotos na galería multimedia. |