2009-10
CLASE DE E.F. (6º DE PRIMARIA - CCE Ntra. Sra. de LOURDES)
O mércores, 16 de xuño realizamos no colexio unha experiencia de inclusión mediante a actividade física. Nela participaron os alumnos de sexto e as clases azul e vermella do CCE Ntra. Sra. de Lourdes. Pasárono moi ben e foi moi gratificante para todos. A continuación un comentario de María Marante alumna de sexto: "Eses nenos eran especiais, eran máis delicados ca nós, pero un corazón moito máis cheo de ilusións e desexos ca os demáis nenos. Eu paseino moi ben con eles, xogamos e rimos ata a hora na que tiveron que marchar. Quedaron moi tristes sabendo que nós para o ano non íamos estar no colexio. Pasamos un bo tempo con eles." Se queredes ver as fotos están na galería. |
![]() |
A RUTA DA AUGA NA NOSA CIDADE
O mércores, 3 de febreiro os alumnos/as de 3º de primaria fomos a Cecebre. Alí vimos a potabilizadora. A súa función consiste en limpar a auga que ven dos ríos: Mero e Barcés, para logo usala nós na casa. Ensináronnos como a auga sucia pasaba pola potabilizadora e saía limpa.Tamén vimos as comportas da presa. Contáronnos que o vello pobo de Cecebre estaba baixo a auga. Vimos diferentes tipos de animais: cabalos, patos, ... Logo ensináronnos tipos de follas, como as do castiñeiro, a enciñeira. A maior parte das árbores eran de folla caduca. Paseino moi ben nesta excursión. As fotos están na galería. Sara Mondelo (3ª de primaria) |
![]() |
TALLER INFANTIL DE COCIÑA FROM
O xoves, 28 de xaneiro os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participaron nun TALLER INFANTIL DE COCIÑA, impartido polo FROM (Fondo de Regulación e Organización do Mercado dos Produtos da Pesca e Cultivos Mariños). Os obxectivos da actividade foron: divulgar a importancia dunha alimentación equilibrada e fomentar o consumo de pescado dentro dos hábitos alimentarios dos nenos. Como parte práctica realizaron algúns platos con pescado: limpar e enfariñar parrochiñas, cociñar lubina ao sal e ensalada, que máis tarde degustaron. Se queres ver as fotos, vai á galería. |
![]() |
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
