PROGRAMA SEMENTE

Os alumnos/as de 4º de primaria están a participar no programa SEMENTE, unha iniciativa do Concello que busca fomentar o espíritu emprendedor dos rapaces. Para elo formaron unha cooperativa chamada "Os Super Construtores do Sal Lence" na que están a elaborar distintos produtos: cadros dixitais, xogos de tres en raia, marcapáxinas, imáns xoaniñas, familias de lazos e sales de cores. Unha vez obtida a licenza, venderán os produtos nun mercadillo que se celebrará o día 30 de abril no Obelisco. Parte dos beneficios obtidos destinaranse a CÁRITAS dos Castros.

Sara e María, preparando sales de cores Os rapaces facendo un cadro dixital

O concelleiro de Promoción Económica, Henrique Tello, recibiu no Concello un cento dos 390 participantes do Programa Semente.Representando a clase de 4º do Sal Lence acudiron: Brais, Jennifer, Iria, Nicolás e Sara.

Máis fotos.

Vídeo de tve.