Complementarias

COME LOCAL

Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas para saber sobre Bóveda

Partir do próximo para coñecer o mundo é unha forma natural de aprendizaxe.

 

Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas é un proxecto interdisciplinar do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

 

 

Podes comprobar o que aprendiches na seguinte ligazón da AULA VIRTUAL do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

 

Para acceder se estar matriculado/a debes iniciar sesición con nomde de ususario/a convidado e contrasinal 1234.

Se che solicita clave de activación de automatriculación, introduce 1234.

IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!

Videoconferencia pronunciada pola Dra. Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas) para alumnado do CEIP Souto-Donas, de Gondomar (Pontevedra) e o CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo) sobre o Coronavirus.
Sonia Villapol Salgado, nada en Bretoña (A Pastoriza) o 8 de maio de 1977, é unha neurocientífica galega. Traballa no Texas Medical Center de Houston, onde é investigadora principal e profesora no Center for Neuroregeneration no Methodist Hospital Research, en Estados Unidos.
 
 

Cando pase todo isto, a que lugar de Bóveda queres ir?

 

 

O CEIP Rosalía de Castro ten unha proposta que facervos en colaboración co Concello de Bóveda.

 

 

Cando pase todo isto a que lugar de Bóveda queres ir?

 

 

Facede o debuxo dese lugar e enviádenolo por correo electrónico:

ceip.rosalia.boveda@edu.xunta.gal

Tedes de prazo ata o 14 de abril.

O Concello de Bóveda encargarase de publicar cada un dos vosos debuxos nas súas redes sociais, Facebook e Instagram.

O debuxo debe conter ese lugar de BÓVEDA ao que queredes ir e o voso nome e idade nalgún estremo da páxina. Podedes enviarnos a foto só do debuxo ou vosa co debuxo, o que prefirades.

Todos os traballos van ter premio, unha excursión fascinante a aula da natureza dos Trollos onde teredes a oportunidade, só por participar, de plantar a vosa propia árbore.

Será un día de festa para todos e todas os que vos animedes a participar.

Agardamos os vosos debuxos!!!

Proposta do Museo Provincial de Lugo

MUSEAL: A VACINA QUE INMUNIZA

 

Museal, a vacina que te inmuniza só se subministra nos museos da Rede Museística e exclusivamente por fiestra virtual. Desde os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo queremos axudar e facémolo usando os recursos e ferramentas que mellor coñecemos: as que nos permiten mediar entre os fondos que se custodian nos nosos museos e as persoas, que sodes quen, en realidade, tedes o dereito de tirarlles un proveito. 

 

CONFINA o virus da desmemoria, do descoñecemento, da apatía, do medo...LIBERA a memoria con saber e coñecemento, con entretemento e alegría de vivir, de soñar, de ser, de compartir, de estar.

Pechamos a porta, non queda outra (Covid-19 obriga) pero abrimos unha fiestra virtual (museal).

Estas son as nosas propostas. Xa houbo outras, das que iremos facendo memoria aos poucos.

Podedes crear ata o voso propio museo. Animádevos!

+ Info aquí

Algúns debuxos que fixéchedes estes días de lembranzas de actividades feitas ao longo do curso.

Bo día!

Aquí vos deixo un vídeo con algúns dos debuxos que fixéchedes estes días (lamento non poder tere recollidos todos), van acompañados dunha canción da veciña Lorena Guerra e tamén ha imaxes de actividades que fomos facendo ao longo do curso. NON DESESPEREMOS. ÁNIMO!!!

 

Susana Rodríguez Gacio, unha persoa moi capaz.

Bo día.

Estádelo a facer moi ben!!!

Que vos parece se hoxe lembramos a celebración do Día Internacional das persoas con discapacidade?

Celebrámolo, ao igual que todos os anos en convivencia cos nosos veciños da Residencia Domus Vi e aproveitamos para mandarlles moito ánimo nestes días de confinamento tanto aos residentes coma ao persoal que tan gran labor está a realizar!

Este ano centrámonos en Susana Rodríguez Gacio, fisioterapeuta, médica e atleta paralímpica.

Aquí tedes o vídeo que fixemos:

Distribuir contido